UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 21 de abril de 2018

PALABRAS NOVAS 6

      Sempre hai cousas que facer na Pementeira. E ao longo do curso van xurdindo actividades diferentes, celebracións e conmemoracións sobre as que traballamos, saídas ou experiencias diversas que rompen un pouquiño as rutinas cotiás... Pero non queremos deixar de facer algunhas cousas que nos parecen especialmente interesantes e enriquecedoras, e unha delas é aprender novas palabras e practicar  e mellorar a nosa expresión oral tratando de facer definicións, de explicar significados dun xeito o máis preciso posible. 
     Non todos os nenos/as se atreven aínda a enfrentarse dun xeito tan directo á cámara para facer unha gravación que compartir convosco no blog, pero seguro que nas vosas casas, coa tranquilidade de falar en familia vos explican o que van aprendendo.
      Hoxe presentamos aquí tres novas palabras e dúas nenas que se animaron a participar na actividade por primeira vez, do cal me alegro e me sinto moi orgullosa como espero que se sintan elas (sei que si, porque se lle notaba na súa expresión cando acabaron e as felicitei) e as súas familias. As novas palabras aprendidas foron CENOTE, RÉMORA e NARINAS. 
        Imos alá! Atendede ás explicacións.



    Aínda seguimos recibindo cousiñas para o noso recuncho do Proxecto Nautilus. Aleixo trouxo varios libros sobre animais do mar, Adan pintou uns debuxos con motivos mariños na casa, Alex Vázquez Seco trouxo unha imaxe do pez gota (que din que é o peixe máis feo do mundo, e pode que sexa así porque bonito, bonito, o pobre non é).














    Os días que traballamos ben e rematamos as nosas tarefas, sempre temos tempo de xogar nos recunchos. O venres que a maioría dos pementeiros/as remataron o seu traballo rapidamente e o fixeron moi ben, tiveron a sorte de poder estar na aula de psico xogando con máis liberdade (porque dentro da aula a verdade non temos tanto espazo para poder movernos e disfrutar plenamente do xogo).









6 comentarios:

  1. Noraboa!! a esas duas valentes que pouco a pouco unense o grupo. Fixerono xenial os tres. E os papás aprendendo con eles....

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Icía e Sara Castaño por animarvos a sair a gravar novas palabras, a verdade e que estamos aprendendo un montón. Noraboa fixestedelo xenial os tres 👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Son uns campeons. Fanno xenial. Xa nos gustaria a moitos adultos ter a valentia q teñen eles

    ResponderEliminar
  4. Encantaríame que se animaran todos, claro que sí! Pero como digo moitas veces, o importante é aprender e disfrutar xuntos de todos os descubrementos que imos facendo. E sei que os que aínda non falaron diante da cámara tamén están aprendendo, solo que lles falta ese puntiño de seguridade en sí mesmos para asumir novos retos, non todos temos as mismas habilidades, hai nenos/as que non teñen o máis mínimo reparo en falar en público, hai outros que poden saber tanto ou máis que aqueles pero que destacan noutras actividades que, quizá, lle supoñen menos exposición ante os demais. Non pasa nada, cada un está desenvolvendo a súa personalidade. Aínda así eu seguirei animando e tratando de mostrarlles que todos/as o poden facer perfectamente. Veremos se hai máis sorpresas!

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas!!!!! Eles na clase rinse moito con elas e queren que llas lea sempre. A cada un gústalle máis a súa claro, sempre que eles sexan protagonistas disfrutan a tope. Así que de cando en vez procuro aproveitar iso para traballar cousiñas como o vocabulario e outros conceptos que traballamos dentro do proxecto. Grazas polos ánimos, non son poetisa pero facer unhas bromiñas...

    ResponderEliminar
  6. Que ben o fixeron si señor!! Canto vocabulario aprendemos con vos, e seguiremos,...graciñas!!

    ResponderEliminar