UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 10 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

     O venres 9 de febreiro disfrutamos da celebración do Entroido no cole. En infantil todos os nenos e nenas chegaron felices mostrando eses disfraces tan orixinais e relacionados co fascinante mundo mariño: sereas, peixes, tartarugas, tiburóns, cangrexos, polbos, piratas, vikingos...¡eu que sei! por infantil todo arrecendía a mar e a aventuras polos océanos do mundo.
   Nada máis entrar, fixemos  nosa sesión fotográfica, mentres os disfraces aínda están perfectos (xa que despois de actuar e de merendar, algúns accesorios xa caen, as perrucas descolócanse e o maquillaxe perde precisión), para que todos poidan comprobar que, una no máis, os nenos e nenas de infantil estaban fantásticos.










































    Como vedes todos querían sacar unha foto con Ulises xa que, ultimamente, é o noso heroe favorito!
     Se queredes ver como quedan estas fotos con marcos relacionados co tema do proxecto e dos disfraces, aquí tedes o resultado...
                                      
                                      




                                       



                                     



















    Despois da sesión de fotos tocou prepararse para a nosa actuación estelar ante todos os papás e mamás que viñeron ver aos pementeiros/as e o resto dos alumnos/as de infantil e primaria.











































 
     Despois das actuacións do festival, había xa un pouco de fame rondando polas colchonetas de nfantil, así que fomos entrando de novo no cole para degustar todas as cousiñas que trouxeron os pementeiros/as. E garantízovos que durante alomenos uns minutos, os nenos e nenas de infantil estiveron calados porque tiñan a boca ocupada noutros menesteres...









































     Todo saiu perfecto: a actuación, a merendola... quedou tempo para xogar e ata para relaxarnos un pouquiño antes de ir para o comedor (algúns nenos xa se acostaban na mesa do agotados que estaban, pero é normal, porque a vida dos piratas, dos vikingos, dos tiburóns, das sereas e dos peixes é moi axetreada, todo o día de abordaxe en abordaxe e de mar en mar, así non hai corpo que resista).
    Grazas a todas as familias por participar tan activamente nestas celebracións con eses disfraces tan vistosos, polas aportacións para a merendola, por asistir ao festival e, tamén, por animar un pouco máis o día cos seus propios disfraces  e o seu sentido do humor.


¡GRAZAS POR TODO E FELIZ ENTROIDO!

5 comentarios:

  1. Estivestedes xeniais bailando!!! que fotos máis bonitas!!! feliz entroido pementeir@s!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vos, porque disfrutaron moitisimo, tanto na preparación como no día, estaban moi emocionados! A verdade é que fixerono moi ben e eso que estaban cada un intentando buscar á sa familia e que o viran en vez de dar os pasos,jeje, foi xenial, grazas profes de infantil, é un gusto poder ver esta vida na escola que se trasmite na felicidade das e dos pequenos.
    Bo entroido!!!

    ResponderEliminar
  3. Que ben o pasamos pequenos e grandes😀, Noraboa pola actuación foi fantástica, moitas grazas por tanto traballo, por compartilo coas familias, por facernos participes!!!! foi xenial!! Bo entroido!!🎉🎊🎉

    ResponderEliminar
  4. Felicidades a tod@s!!!! As fotos chulisimas...que maravilla de entroido. O traballo impresionante, por parte de todos: profes, nenos e papas... Noraboa a todos.

    ResponderEliminar
  5. Menuda semana pasaron, todos os días unha ilusión nova, algo distinto que levar ao cole. E que bailaríns están feit@s, fixerono moi pero que moi ben. Noraboa.

    ResponderEliminar