UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 28 de febrero de 2018

¡NEVE NA PEMENTEIRA!

   Hoxe empezamos a xornada cun pequeno disgustiño porque nada máis entrar comunicáronos que se suspendía a visita á Casa Museo de Rosalía de Castro debido ao frío. En fin, quedamos un pouco "chafados" pero resulta que en menos que canta un galo xa nos pasou o disgusto porque Marcos chegou cunha sorpresa tremenda que ninguén esperaba:
     ¡TROUXO NEVE DESDE A SÚA CASA ATA O COLE!

Imagen relacionada   Marcos estivo explicándonos como recolleu a neve arredor da súa casa e que ata se formaron "como paíños de neve" nas escaleiras da piscina. Así que aproveitamos para aprender unha palabra nova: CARÁMBANO








   A continuación Alejandro Vázquez Seco mostrounos unhas cunchas que trouxo fai uns días e que eu esquecera fotografiar (e agora na Pementeira hai que sacar foto de todo sin disculpa). Alex explicounos de que era cada cuncha: de navalla, de nécora, de chopo, de berberecho, de ameixa, de caramuxo, de lapa, de ourizo... Estivemos vendo en que se diferenciaban unhas das outras e a caracola pequeniña que trouxo e o ourizo gustáronos moito a verdade.



















   E despois de empezar a traballar un pouquiño sobre  mulleres importantes que sexan coñecidas polo desenvolvemento dunha actividade concreta que supuxera unha aportación á sociedade, Valeria trouxo dous libros que relatan a historia de Frida Kahlo e Marie Curie. Hoxe estivemos lendo, e así recordando, a vida da pintora Frida Kahlo. E mañán coñeceremos a Marie Curie (hoxe xa lles adiantei un pouquiño o que ela descubreu pero mañán falarémolo con máis calma)
¡Grazas por estas sorpresas de hoxe!



martes, 27 de febrero de 2018

PREPARANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

    Estamos preparando a celebración do Día da Muller Traballadora que se conmemora o 8 de marzo. Para iso o primeiro paso que eu quería dar era promover unha pequena reflexión que todos temos que facer sobre a presencia das mulleres na sociedade dun xeito visible, activo e valorado en condicións de igualdade cos homes. As mulleres practicamente non estén presentes nos libros de texto, nos documentais que vemos na TV, nos traballos de investigación científica ou histórica... e se nos paramos a pensar cantos homes importantes coñecemos (escritores, pintores, científicos, aventureiros, inventores, descubridores, deportistas...) a lista é enorme. Pero en canto pasamos a falar de mulleres, a lista é moito máis curta sen dúbida.
    Iso foi o que fixemos onte e hoxe na Pementeira: falar de homes e mulleres importantes e mirade como quedaron as nosas dúas listas.

   ¿Qué vos parece? A primeira lista xurdeu sen dificultade, todos tiñan nomes que aportar. A segunda lista precisou de varias pistas para ir recordando cousas que traballamos no cole e, aínda así, non conseguín que recordaran algunhas mulleres sobre as que traballamos o curso pasado como pode ser Frida Kahlo. E cando lles dixen que pensaran nalgunha cantante, xa vedes as que apareceron. Non sei se podemos dicir que son importantes ou non pero polo menos para os pementeiros/as son visibles no seu día a día. 
    Pois ben saquemos conclusións: é evidente que non podemos cambiar o curso da historia e non temos que ocultar a importancia de moitos homes, pero seguro que se lle poñemos interese tamén atoparemos moitas mulleres que fixeron cousas fantásticas en moitos campos profesionais e que quizá non foron recoñecidas pola súa contribución á sociedade.
     Así que empezamos a traballar. Desde o equipo de extraescolares do centro, fixemos a proposta de investigar sobre mulleres relevantes ao longo da historia  e cada grupo-aula vai traballar sobre unha ou varias mulleres que tiveron algo que dicir, que loitaron por algo, que deron un paso adiante para demostrar que tiñan moito que aportar.

Imagen relacionada      E na Pementeira empezamos por coñecer a MIRIAM MAKEBA, unha cantante sudafricana que, ademáis, foi unha auténtica activista na loita pola defensa dos dereitos humanos e contra o apartheid.






















   Aprendemos algunhas cousiñas sobre ela pero tamén disfrutamos escoitando e bailando a súa música, esa que ela empregaba para facer visible a súa raza e para falar da inxustiza que se vivía no seu país pola culpa do apartheid. E mirade que bo ambiente se crea na aula escoitando UYADELA ou bailando PATA PATA, probablemente a súa canción máis coñecida, con Just Dance.




 E agora estamos elaborando un cartel sobre Miriam Makeba para participar nunha exposición no cole sobre Mulleres Importantes. Se vós, nas familias, admirades a labor desenvolta por algunha muller no campo das artes, a literatura, a ciencia, a investigación de calqueira tipo, a loita social... non dubidedes en falarlle aos vosos/as fillos/as sobre elas.
Resultado de imagen de miriam makeba

   E hoxe o pementeiro que levou a casa a mochila pirata con moita alegría foi Izan. Espero que a disfrute moito.