UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 12 de diciembre de 2017

PIRATAS

     Non é nada raro, xa o sei, pero os pementeiros/as disfrutan moito coas historias de piratas así que a partir de hoxe viaxará aos domicilios unha mochila con varios materiais relacionados cos piratas.
     A mochila leva un libro  de piratas con sonidos, unhas poesías para ler en familias, un memory para xogar e exercitar a memoria, e un xogo de vocabulario pirata para traballar un pouquiño a prelectura (son unhas tarxetas con palabras e sílabas; empregando as tarxetas coas palabras como modelo, os nenos/as poden ir buscando as sílabas que forman cada unha das palabras. Por suposto eles non son conscientes do que é unha sílaba pero xogando van interiorizando de xeito natural como se van compoñendo as sílabas con varias letras, e as palabras con varias sílabas; ademais tamén están traballando a observación visual e a concentración. Trátase de xogar un pouquiño e, por suposto, os papás e mamás poden axudar empezando a xogar con dúas ou tres palabras -seleccionando as sílabas que precisen para elas- e ir engadindo máis pouco a pouco -en lugar de poñerlle todo o material diante sen máis-. Seguro que cada familia atopa un xeito de organizar o xogo, porque diso se trata: XOGAR EN FAMILIA) 

    O primeiro afortunado foi Daniel, que estaba encantado de levar a mochila para casa. Hoxe tocoulle ser encargado e xa decidimos que cada día levará a mochila pirata para a súa casa  o encargado, de maneira que eles/as tamén saben cando lles toca e facemos a rutina con máis rapidez. O  neno/a que leva a mochila tamén leva un distintivo pirata (non sei se chegará á casa, pero mirade qué satisfeito ía Daniel)

 
    Espero que os pementeiros/as disfruten moito coa mochila e os xogos. Aproveito para pedirvos a todos que tratedes de coidar estes materiais o máximo posible xa que me gustaría que todos os nenos/as da aula tivesen as mesmas oportunidades de disfrutalos (se empezan a perderse as tarxetas do memory ou das palabras, ou se rompe o libro -ou se lle acaba a pila porque un neno/a o escoita 40 veces- os seguintes xa non o poderán disfrutar en igualdade de condicións). Tamén entendo que unha tarde é pouco tempo pero do que se trata é de que compartan un pouquiño de tempo convosco e vos mostren algunhas cousas que facemos no cole (a eles/as failles moita ilusión levar cousas para a casa, e é unha maneira de motivalos e de atraer a súa atención, de premialos, tamén, de crearlles un pouco de ilusión, de contentalos...) e, despois, terán moitas oportunidades de seguir empregando estes materiais na aula de xeito cotián.
     GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
Resultado de imagen de gifs animados PIRATAS
 .

3 comentarios:

  1. Que bo!!! Que gañas de entrar neste mundo pirata con Noa na casa!!! Que gusto ver a cara de Dani, eso é felicidade, este proxecto é para as e os nenos un remuiño de aprendizaxes e emocións que nos achegan a casa día a día, grazas Teté;)

    ResponderEliminar
  2. Ufff ahora entendo pobre Adan matabase todo a explicarme e o de Dani q ia de pirata están súper contentos con proxecto ,co Nadal pintar ese árbol q maneira de aprender tantas cousas e tan rápido

    ResponderEliminar
  3. Espero que todos/as teñan oportunidade de dsifrutar destes materiais na casa coa familia. Agradézovos moito que o vexades con tanto optimismo porque sei que non todos os días tendes tempo suficiente para ver estas cousas con clama, pero o feito de recibilo con esa mesma alegría coa que eles o levan do cole xa é estupendo!Grazas. Dani, por exemplo chegou hoxe supercontento contándome que lle gañou ao seu pai no memory!Jajaja, o de gañar é insuperable!

    ResponderEliminar