UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 11 de diciembre de 2017

PEDRAS VOLCÁNICAS,CARACOLAS E ÁRBORES DE NADAL

    Hoxe, tras un descanso de cinco días con cicloxénesis explosiva incluída, retomamos as actividades escolares con ganas e con moitas actividades diferentes. Así que vou facer unha destas entradas que máis me gustan a min, porque como vedes no título recolle cousas moi distintas, que non gardan relación directa entre elas pero que nun aula de infantil poden entremezclarse con naturalidade.
    Para empezar a mañán estivemos observando caracolas e aprendendo os seus nomes. Partimos das caracolas reais que temos no recuncho (traídas polos nenos/as) e duns debuxos que lles gustaron moito a todos.




Coñecemos a CARACOLA REINA,
Imagen relacionada
a caracola TROMPETA DE TRITÓN, chamada así porque é a que empregan os tritóns para tocar,
Resultado de imagen de caracola trompeta de tritón
Resultado de imagen de tritón mitología
a caracola BUCINO DO MEDITERRÁNEO,

Resultado de imagen de caracola bucino del mediterráneo
a OSTRA PERLÍFERA,
Resultado de imagen de OSTRA PERLÍFERA
a cuncha da VIEIRA,
Resultado de imagen de CONCHA DE VIEIRA
e ata un fósil de AMMONITES, un animal prehistórico que se pensa era moi similar ao nautilus.
Resultado de imagen de AMMONITES
 Despois estivemos observando pedras volcánicas que eu trouxen do ETNA (Sicilia) e da illa de SANTORINI (onde algúns pensan que podería estar mergullada a ATLÁNTIDA). Primeiro comprobamos que había un tipo de pedra que pesaba moi pouquiño, é a PEDRA PÓMEZ, mentres que calqueira das outras pesaban moito máis. Comprobamos coa báscula que dúas pedras de igual tamaño, unha de pedra pómez e outra de basalto, a segunda pesaba moito máis.







Tras tanto traballo científico, descansamos un pouco a mente con actividades plásticas. levamos xa uns días realizando uns elementos decorativos para colocar na aula de psico durante os días previos ás vacacións do Nadal. E así van avanzando as tarefas...
 
















    E así quedou a nosa primeira árbore. E agora comezamos a segunda, a ver qué tal...






    E hoxe aínda fixxemos máis cousas, pero xa volas contaremos noutra ocasión.
 Imagen relacionada

2 comentarios:

  1. ¡¡Quedou bonitísimo a árbore do Nadal!!
    Canto aprendedes,¡¡encántame!!
    Moi bó o de que teñen que descansar a mente de tanta información,jeje así me dí que non lle collen máis cousas na mente,jajaja,cando lle convèn a èl claro,jajajaj

    ResponderEliminar
  2. Que bonito esa árbore, estes pementeir@s,son artistas de verdade, precioso,!! Encantoume o experimento cos pesos de diferentes pedras, moi bo!!!

    ResponderEliminar