UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 22 de diciembre de 2017

¡FIN DE TRIMESTRE!

    ¡E chegou o remate do 1º trimestre! Os pementeiros/as estaban emocionados/as porque o xoves estaba cheíño de sorpresas, de festa, de espíritu de Nadal... Como foron moitas cousas no mesmo día, imos facer unha crónica por capítulos (son tantas as fotografías do día que imos empachar!).
   Neste 1º capítulo empezamos coa entrega de traballos do trimestre nas nosas superbolsas decoradas polos nenos/as cuns simpáticos pingüíns. As portadas dos caderniños tamén as decoramos cun motivo moi invernal acorde co tempo que estamos tendo ultimamente con xiadiña polas mañáns. ¡Mirade que felices e orgullosos estaban todos!
 










 










 


    E como todos/as estaban tan alegres, tan elegantes e tan animados, pois fixemos unha sesión fotográfica con moito estilo e moito amor. ¡Mirade, mirade!
















E, próximamente, no seguinte capítulo irei engadindo moitas máis imaxes do día de onte: a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, a sesión de maxia e a posterior festa en infantil. 

¡Estade atentos/as!

 Resultado de imagen de gifs animados reyes magos



3 comentarios:

  1. Pero que cara de felicidade teñen tod@s,estan guapísimos!!! pasarono xenial!!! esperando máis fotos,jeje

    ResponderEliminar
  2. Unhas fotos dos pimenteiros super chulas Teté, que contentos saen todos , pasa unhas felices festas cos teus a disfrutar e desconectar para o seguinte trimestre, boas festas

    ResponderEliminar
  3. Que elegancia!! e que fotogénicos todos. Estaban desbordantes de felicidad. Que maravilla terminar asi o trimestre. Moitas felicidades a todos.

    ResponderEliminar