UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 15 de diciembre de 2017

CASE REMATAMOS A ÁRBORE

    Mañán xa é venres e temos moitas ganas de rematar a nosa nova árbore de Nadal. Hoxe traballamos moito como un auténtico equipo de pintores e mirade como vai quedando a nosa obra artística...


















   ¡Qué pouquiño nos falta! a ver se o rematamos mañán. é que hoxe este equipo de pintores traballou moi coordinado e concentrado.

      Pasando a outro tema, esta semana recibimos algunhas cousiñas máis para o recuncho do mar: Aleixo trouxo un puzle e  un libro que parece moi interesante, e Icía trouxo un coral enorme que causou sensación na aula. Todos o quixeron tocar e percibiron perfectamente que era un pouco áspero.
 







   Marcos, que pasou os días libres que tivemos a semana pasada en Portugal, quixo traer un montón de fotos para mostrarnos todo o que veu e todo o que fixo (ata deslizarse en trineo). Por suposto que nas fotos aparecera Papá Noel, os renos, o cartel de Laponia... foi moi emocionante, como xa imaxinaredes.




    Sara Vidal tamén fixo unha viaxe, neste caso a Cabárceno e chegou moi contenta contando que veu osos desde a telesilla e leóns mariños que xogaban con pelotas e non lle caían e pasaban polo medio duns aros, e mostrounos un libro moi interesante que quedará no cole ata mañán para velo cun pouquiño máis de detalle.



   E para rematar, o pementeiro que tivo a sorte de levar hoxe a mochila pirata foi Óscar que ía encantado co seu distintivo na frente. Espero que disfruten moito todos na casa xogando e lendo!

                 


2 comentarios:

  1. Hola Teté si que o pasamos xenial ca mochila pirata , ainda que os peques me gañaron a min e non vexas como saltaban de alegría, todo o contido da mochila estivo xenial.Moitas gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Yoli por compartilo no blog, xa me dixo Óscar que gañara el. Estes pementeiros/as sempre gañan! jajajaja. Alégrome profundamente porque hoxe falamos moito no cole das cousas que nos gustan e as que non e todos din que os contos, levar libros do pasaporte lector, levar a mochila pirata... lles gusta moito así que aprecio de verdade o feito de que o demostren tamén nas casas, coa familia. Ese era o obxectivo: xogar e disfrutar xuntos! GRAZAS!

      Eliminar