UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 22 de noviembre de 2017

REFORZANDO AS SUMAS

    Sumar é unha actividade que gusta bastante na Pementeira. Hoxe cando puxen ao Lobo Matías na PDI, aquelo parecía unha festa. ¡Que marabilla! Espero que as mates lles sigan gustando toda a vida. ademáis das sumas, tamén fixemos "sudokus" de letras e saíron moi ben. A maioría dos nenos/as saíron voluntariamente a facer a tarefa, e outros tiveron que ter unha pequena motivación extra (tiven que animalos a saír insistindo en que o ían facer moi ben, como así foi certamente).


























 


Aínda recibimos algunhas cousiñas máis para o recuncho: Adan trouxo un conto dun peixe que se chama MERLUCÍN (fíxonos moita graza o nome). Aleixo trouxo unhas fotos súas dunha visita a un acuario e Ian trouxo un libro con pegatinas sobre o OCÉANO.





3 comentarios:

  1. Que divertido, así ela estaba sumando últimamente sempre na casa cos dedos, jejeje, preguntándome números e facendo as sumas, encántalle!!! Que divertido aprender xogando así;)

    ResponderEliminar
  2. A Marcos encantalle sumar. O martes pola tarde, mentras seus irmans facian os deberes, pregunteille a Marcos que queria que fixesemos nós e contestoume que queria sumar. Estivo facendo sumas nun folio coa axuda dun ábaco que temos na casa. E despois puxome a proba a min e tiven que facer eu algunhas a ver se "sabia". Xenial

    ResponderEliminar
  3. ¡Así dá gusto! Todo o mundo a traballar na casa! jajajaja, e iso que eu estou en contra de poñer deberes en infantil (xa os poñen eles mesmos) Pois nada, seguide así familias, a ver ata onde chegan estes pementeiros/as con tantas ganas de aprender!

    ResponderEliminar