UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 10 de noviembre de 2017

PALABRAS NOVAS 2

     Na Pementeira seguimos aprendendo novas palabras que van xurdindo, dentro do noso proxecto NAUTILUS, coas diferentes lecturas, os materiais que chegan á aula, os videos e reportaxes que vemos na PDI etc. Ímolas escribindo en tarxetas e colocándoas na nosa "medusa das palabras novas" e despois de construír a nosa definición hai que ir ampliando o noso diccionario oral e visual.
       Nesta ocasión os pementeiros explicaron ante a cámara o significado de MOLUSCO, NAUTILUS e BATISCAFO. De novo felicito aos nenos que saíron voluntarios (Hugo, Alex Vázquez Rodríguez e Izan) para dar estas magníficas definicións porque o fixeron moi ben.
  Os moluscos están sendo toda unha sorpresa para os pementeiros/as e dan moito de sí. Hoxe estivemos vendo outro molusco, tremendamente peculiar, chamado CLIONIDAE (ou cliónidos). Eu, a verdade, non o coñecía pero encantoume descubrir este diminuto ser vivo que tamén é denominado "anxo do mar". Os pementeiros/as dixeron que parecía un morcego, unha pantasma, un bufo, unha serea... Mirade que vos parece!



    Encántame ver como se esforzan en recordar toda a información e, tamén, comprobar que hai datos (como o feito de que ao Nautilus lle guste o polo, curiosamente) que recordan automáticamente, sen esforzo porque lle chaman a atención. Por iso este traballo meu é tan sorprendente, tan gratificante pero tan difícil tamén, porque atopar ese tema, esa actividade, ese lugar onde se unan os intereses, as curiosidades de 24 nenos e nenas, atopar unha cuestión que, de repente, os sorprenda e lles faga escoitar coa boca aberta, acender esa luciña que esperte os sentidos e poña a traballar as neuronas dos cativos de 4 anos, non é tan doado como pode parecer. Pero cando escoitamos as conversas destes pequenos e imos percibindo os seus avances (a nivel de pronunciación, de léxico, de construccións sintácticas, de razonamento lóxico...) é xenial porque en ningunha outra época da nosa vida aprenderemos máis, nin máis rápido, nin con menos esforzo que nesta etapa de 0 a 6 anos. Así que, papás e mamás, falade moito cos vosos fillos e fillas, lédelle moitas historias e relatos, mirade películas, escoitade música, debuxade, bailade e expresádevos con calqueira tipo de linguaxe que se vos ocurra porque todo iso estará enriquecendo o proceso de aprendizaxe dos máis pequenos. 

Imagen relacionada    Seguimos recibindo algunhas cousiñas par o recuncho: Sara Vidal trouxo unhas imaxes da Ermida da Toxa que está completamente recuberta de cunchas de vieira. E Marcos trouxo un conto ( e xa me explicou que aínda que é de Nemo non é o mesmo que trouxo o outro día) e un barquiño metido nunha botella.

    E hoxe, xa por último, despois de repartir o pasaporte lector, fixemos unha nova sesión de ioga. Primeiro estivemos vendo o "Conto das bolboretas" (no lateral do blog, no apartado OS NOSOS ENLACES FAVORITOS, podedes velo) e, a continuación xa nos puxemos nós a traballar e estirar os nosos músculos.


















Resultado de imagen de mens sana in corpore sano

2 comentarios:

  1. Bueno, bueno.
    Con este proxecto todos aprendemos moito.
    Cada día Alex dime algo novo.
    Pero co do polo, quedei moi sorprendida.
    Xenial !!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que Alex, se o deixo, quere gravar el todas as palabras!!!! Xa lle deixei repetir porque hai outros que non se atreven e el insiste tanto, tanto... Está aprendendo un montón de cousas, recorda moitísima información, sempre ten algo que dicir, conta todo o que eu expliquei o día anterior e con detalles, organizando ben o discurso... A verdade é que non teño dúbida que o tema do mar o conquistou! Alégrome!

      Eliminar