UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 1 de noviembre de 2017

MAGOSTO E SAMAÍN 2017

   ¡Chegou o día dos disfraces terroríficos, das castañas, dos xogos populares e a merendola conxunta e, por suposto, do desenlace do concurso de decoración monstruosa!. ¿Estades preparados para ir vendo todas as fotografías deste día tan intenso? Pois empezamos...
    A decoración quedou practicamente lista o luns pola tarde para poder sacar fotos nun entorno despacible cheo de caveiras, cabazas,  ratos e gatos negros, pantasmas e morcegos...










 

 







 

   Os nenos e nenas das aulas de infantil foron chegando cos seus traxes de vampiros, zombies, bruxas, pantasmas, morcegos, demos, esqueletes e momias. ¡Daba medo mirar para eles! Estaban emocionados, berrando, metendo sustos, atemorizando aos que se achegaban a eles (pero moi contentos porque lles encanta asustar aos maiores e actuar de xeito terrorífico).




 

¿Queredes escoitar como botaban berros escalofriantes?






    Sacamos moitas fotos mentres os disfraces estabna aínda de bo ver, porque despois de tanta actividade algúns foron estropeándose un pouco...



























    Tamén tivemos tempo de cantar algunhas das nosas cancións favoritas do Samaín en inglés.


     Tras as fotografías, a música e o baile, xa era hora de saír ao patio para disfrutar dos xogos que o equipo de actividades complementarias e exraescolares tiña organizados. Había catro xogos: a carreira de tartarugas, a castaña na cabeza, os birlos e o comecastañas. Todos participaron nos catro xogos aínda que algúns deles esixían moita concentración e habilidade.


































































    E, despois de colocar toda a comida terrorífica que trouxeron os nenos e nenas das aulas de 3 anos, chegou o momento da merendola conxunta. ¡A fame empezaba a facer estragos entre o alumnado infantil! Xa non tiñan forzas para seguir metendo sustos nin para encestar castañas.


















































        Pero o día non acabou aí, despois do recreo e o xogo libre no patio celebramos o magosto comendo castañas asadas. Nese momento realizouse a entrega de premios do concurso de decoración monstruosa. ¿Gañaría alguén da Pementeira? Non sei, non sei...
     

















 ¡EO GAÑADOR FOI: ENZO CARREIRA!
Resultado de imagen de gifs animados aplausos



Resultado de imagen de gifs animados aplausos
        E no medio de tanta celebración, tivemos tempo de facer unhas "autofotos" por equipos que nos costaron bastante traballo e unhas risas porque non había maneira de entrar todos en cada imaxe.





Resultado de imagen de gifs animados halloween   E así foi o noso especial día do magosto e o samaín. Espero que disfrutárades vendo o ben que o pasamos nós no cole. Agora temos un día de descanso e, despois, continuaremos facendo moitas cousas na Pementeira. ¡Bo Día de todos os Santos!




3 comentarios:

  1. ¡¡Que ben o pasastedes!!!! ¡¡Cantos xogos divertidos!!¡Noraboa Enzo polo premio!!

    ResponderEliminar
  2. Alex pasouno xenial !!!!!
    Noraboa Enzo !!!

    ResponderEliminar
  3. Si que estaba terrorifico o cole 😈Que ben o pasastedes!!! Cantas cousiñas fixestedes. Grazas de parte de Enzo, estaba todo contento, ansioso por debuxar cos rotus novos 😃😃

    ResponderEliminar