UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 13 de noviembre de 2017

JACQUES COUSTEAU

Resultado de imagen de jacques cousteau   Con isto de mergullarnos nos diversos mares e océanos do mundo, o máis lóxico era que nos atopáramos co xenial e auténtico JACQUES COUSTEAU.
     Un home namorado do mar e de todos os seres vivos que nel habitan, que observou con paciencia e total respecto a vida mariña, que investigou para mellorar os mecanismos de buceo para poder mergullarse no máis profundo, que loitou para dar a coñecer a importancia da natureza e realizou fantásticos reportaxes para a televisión que nos deixan, aínda hoxe, coa boca aberta ante a beleza e riqueza da vida baixo o mar.
    Levamos uns días falando del, vendo algunhas imaxes da súa labor, descubrindo da súa man algúns animais mariños... e hoxe fixemos un traballiño para recordalo con admiración e pleno respecto. Porque a súa dedicación ao mar e as súas palabras fan que reflexionemos e miremos o mundo natural con outros ollos.





















     E para telo sempre presente no noso espazo de infantil, hoxe colocamos no corredor un gran debuxo deste home namorado do mar  para que co seu gran sorriso os alegre as mañáns e nos recorde que debemos coidar a natureza e amar o mar e todas as súas criaturas.



Imagen relacionadaResultado de imagen de gifs animados pulpos

Imagen relacionada    Cousteau viaxaba no seu barco chamado Calypso. Curiosamente, Calipso era unha ninfa que vivía nunha illa do Mediterráneo na que atracou Odiseo (Ulises) despois da guerra de Troya. Na Pementeira, estes días estamos lendo moitas aventuras de Ulises, por exemplo, co cíclope Polifemo, coa feiticeira Circe, cos lestrigóns... e estamos disfrutando moito así que, como vedes, todo parece estar relacionado. Falando do mar disfrutamos tamén da mitoloxía, coñecemos a persoeiros relevantes, aprendemos vocabulario novo, desenvolvemos a nosa imaxinación, reflexionamos sobre ecoloxía... ¡UN MONTÓN DE COUSAS!
      E aquí vos deixo un vídeo con imaxes do Calypso de Cousteau e a música de John Denver (que compuso unha canción con ese mesmo título, Calypso, para homenaxear ao investigador).


    No lateral do blog, no apartado NAUTILINKS aprecen dous capítulos de debuxos animados que nos contan a vida de Jacques Cousteau por se queredes velos na casa cos nenos/as.
Imagen relacionada

5 comentarios:

  1. Alégrame un montón que me digades que contan cousas do proxecto na casa, ou que falan cando están xogando e din palabras novas ou nomean a personaxes dos que falamos no cole... iso quere dicir que escoitan máis do que eu penso ás veces, jajaja. Sei, fóra bromas, que están aprendendo moitas cousas, memorizan moito vocabulario e achéganse, de xeito sinxelo claro, a cuestións relacionadas coa xeografía, a física, a bioloxía, a mitoloxía... Eu penso que están disfrutando con este proxecto e todos estamos aprendendo xuntos, eles, vós nas casas pero eu tamén, non vaiades a pensar... Agradézovos moitísimo, de verdade, que valoredes estas aprendizaxes. Estamos abrindo camiños, creando intereses, promovendo curiosidades... como poño na cabeceira do blog o meu soño é "ampliar as ventás polas que ven o mundo". Unha fermosa frase de Cousteau di que só amamos o que coñecemos (el fixo programas sobre o mar porque sabía que se a xente se achegaba ao mar, e o coñecía, empezaría a amalo, respectalo e coidalo) e eu estou completamente de acordo con el, para que un neno desexe aprender cousas novas, investigar, ler e viaxar, nós temos que mostrarlle esas posibilidades xa que o que non ven non o van amar, é lóxico. GRAZAS mil por ese entusiasmo, é o mellor que podedes facer polos vosos fillos/as.

    ResponderEliminar
  2. Alex, tan pronto como sae pola porta do cole, xa me está a contar todo o que fixo e o que aprendeu. E o mellor de todo é a cara de felicidade coa que conta todo.
    Están motivadísimos !!!
    Noraboa está sendo un SUPERPROXECTO.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe estivemos lendo na aula os vosos comentarios e os nenos/as estaban todos orgullosos cando lles dixen que as mamás poñían que sabían moitas cousas, que na casa estaban aprendendo moito grazas a eles,que lles gustaba ver aos nenos/as contentos demostrando todos os seus coñecementos! A vosa valoración desas aprendizaxes, o voso entusiasmo polo que fan e aprenden é un estimulante básico para eles. Grazas por reforzar positivamente o que facemos no cole!

    ResponderEliminar
  4. Hola pimenteiros como traballades todos eh? Óscar tamen fala na casa todo entusiasmado el mais seu irman Adrián, parece que estan a ver quen sabe mais do proxecto ja ja , noraboa a todod eses pimenteiros e a ti tamen Tete, moitas grazas

    ResponderEliminar
  5. Totalmente de acordo!! Un próxecto fantástico os ten motivadisimos, aprenden un montón e aprendemos con eles, da gusto escoitalos falar do proxecto, Enzo o Domingo nunha comida familiar explicabanos a todos que era un molusco, e dou para moito o tema durante a comida 😅😅😅.Noraboa pementeir@s e sobre todo noraboa Teté e mil grazas por conseguir que teñan tantas gañas e interes por aprender

    ResponderEliminar