UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 18 de septiembre de 2017

NOVOS EQUIPOS NA PEMENTEIRA

    Mergullados xa no PROXECTO NAUTILUS era hora de organizar novos equipos na aula. A semana pasada estivemos decidindo os nomes que levarían e aquí están: 
  • EQUIPO LA ATLÁNTIDA
  • EQUIPO DRAKKAR
  • EQUIPO CAPITÁN NEMO



   A ATLÁNTIDA está composta por Hugo, Daniel, Yeico, Valeria, Sara Vidal, Alejandro Väzquez Seco, Aleixo, Pablo, Rafiña e Noa.



    O DRAKKAR está formado por Izan, Mario, Icía, Anrís, Gabriel e Sara Castaño.



 
   E O CAPITÁN NEMO está constituído por Mariña, Óscar, Alejandro Vázquez Rodríguez, Enzo, Adan, Marcos, Sara García e Carmen.
    E xa recibimos moitas cousas para o recuncho. Agora teño que organizalo un pouquiño, colocar os libros, obxectos e fotografías que xa chegaron e poñer todo bonito e ordenado para que nos permita disfrutalo e aprender moitas cousas.
        Marcos trouxo moitísmas cousas que nos van servir para ambientar a nosa aula que, polo menos, xa se vai parecer ao Océano Atlántico. peixes variados e outros animais mariños, unhas reproducións de pinturas relacionadas co mar de Monet e Sorolla, una recreación do hábitat de Bob Esponja (con area, algas, caracolas, pedriñas...) e unha bola de cristal que representa o fondo do mar.















    Valeria tamén trouxo unha postaliña en 3D que mostra como é o fondo do mar e unha caixa pequeniña con area e unha estrela de un cabaliño de mar.


  Rafiña trouxo unha fotografías súas dentro do barco JUAN SEBASTIÁN ELCANO que tivo a sorte de visitar estando de vacacións en Andalucía. Grazas ás fotos de Rafiña aproveitamos para buscar en internet como é ese fantástico veleiro e xa lles dixen aos pementeiros/as que se queren, cando sexan un pouco máis maiores, poden ir aprender a navegar e moitas outras cousas nel xa que é un Buque Escola da Armada.

 J.S. de Elcano por la popa
     Alejandro Vázquez Rodríguez trouxo un precioso libro sobre o mar que nos gustou moito porque ten unha linterna de verdade que nos permite descubrir os animais que están ocultos na oscuridade do mar.
   Marcos trouxo dous libros sobre animais que viven no mar e sobre os piratas.

       Enzo trouxo un conto superchulo dun pirata, pero non é un pirata calqueira, non, o pirata é o propio Enzo!!!!

     Mario trouxo moitos animaliños do mar: un bacalao, un tiburón, un delfín, unha orca, un pulpo, unha tartaruga... e un bonito libro que narra unha historia marítima. ¡Qué ganas temos xa de lelo!

   E hoxe seguiron chegando máis cousas. Yeico trouxo unhas diademas de animais mariños que nos encantaron a todos. ¡Mirade que divertidas! ¡Bravo por esa creatividade!





Marcos trouxo un móbil dun pirata. E Sara García un pulpo.

    Icía trouxo dous libros espectaculares: un do fondo do mar e outro dun barco pirata (que como xa imaxinaredes causou furor entre os pementeiros/as)



 E Adan trouxo unhas caracolas chulísimas, un barquiño pesqueiro de madeira e unha fotografía moi interesante dun barco no que, el nos contou entusiasmado, traballou o seu avó. ¡Qué interesante! Agora a ver se nos conta máis cousas do seu avó: qué traballo facía no barco, cantos mariñeiros iban nel, en que mares navegou...



    Como vedes xa temos un montonazo de cousas, a ver se as damos organizado ben e empezamos a aprender moitas cousas! Grazas familias por colaborar así de ben e rápido!





2 comentarios:

  1. Isto vai vento en popa, a toda vela... e nunca mellor dito!

    ResponderEliminar
  2. Vaisenos quedar pequeno o recuncho. Mira que lles gustou o tema do proxecto...!!!

    ResponderEliminar