UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 11 de septiembre de 2017

¡BENVIDOS AO CURSO 2017/18!

Resultado de imagen de inicio de curso imágenes
Aquí estamos de volta. Hoxe empezamos un novo curso escolar con moitísima ilusión e ganas de investigar, aprender e disfrutar xuntos.
Estou encantada con estes pementeiros/as porque chegaron ao cole moi contentos, con moitas ganas de falar, de cantar, de escoitar contos... parece que estivemos na aula todos xuntos fai unha semana e a realidade é que pasaron dous meses!!! 
Temos unha nova compañeira que se chama Carmen e estamos todos convencidos de que o vai pasar moi ben neste cole, e nós poremos todo da nosa parte para que se adapte rapidamente e veña sempre moi contenta (porque aquí todos somos amigos e formamos o mellor equipo que podedes imaxinar).
Aquí vos deixo unhas poucas fotos para que vexades como non cambiou nada de nada desde o mes de xuño: eles elixiron que conto e qué cancións querían escoitar e as súas caras e movementos penso que demostran que estaban coma peixes na auga.




















Como vedes, despois de escoitar o conto, cantar con todo o entusiasmo posible a canción dos números, escoitar a "Marcha Radeztky", tocando as palmas,  a "5º Sinfonía" de Beethoven  e "Little less conversation" de Elvis Presley (que lles gusta tanto que lle inventaron un título xa o ano pasado, para eles é "A canción loca" un título ben apropiado pois así se poñen eles escoitándoa), había que baixar un pouco ese ritmo desenfrenado así que rematamos relaxándonos co "Nocturno" de Chopin.
En fin, o inico de curso foi estupendo. Agora haberá que descubrir cal será o núcleo dentral da nosa investigación anual...
¡Misterio, misterioso! A ver se atopamos algunhas pistas mañán polo cole...
Imagen relacionada


4 comentarios:

  1. ¡¡¡¡Bó comezo de curso!!! desexando saber o proxecto deste curso,¿que serà?,¡¡¡Aleixo veu super contento!!

    ResponderEliminar
  2. Este grupo non ten problemas para desenvolverse no cole, falan sen parar, móvense, teñen ganas de experimentar, de xogar... Agora toca aprender a canalizar enerxías, focalizar ben os intereses e aprender moitas cousas novas! O proxecto xa está en marcha! estade atentos ao blog e a ver se os peques vos contan algo máis! Grazas por estar xa aí, pendentes das noticias de cada día e mantendo este blog activo!

    ResponderEliminar
  3. Que cara de felicidade, a verdade é que están emocionados! que ben o van a pasar!

    ResponderEliminar