UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 6 de junio de 2017

VASARELY, PICASSO E MIRÓ

      Rematando xa o proxecto de arte, estamos facendo algunhas fichas para recordar e homenaxear artistas sobre os que xa traballamos.
     Estes ultimos días estivemos vendo obras de Picasso, Miró e Vasarely.
















































Resultado de imagen de logo renault    VASARELY é un artista ao que nos estivemos achegando ultimamente. O primeiro que lle mostrei aos pementeiros foi esta imaxen que aparece á dereita. Todos a coñecedes, claro. Só un pementeiro, Gabriel, cando eu preguntei si viran eso nalgún sitio, dixo que estaba "diante nos coches". Pois ben ese logotipo de Renault é un deseño de Viktor Vasarely.

    Nós estivemos vendo obras deste xenial artista representante do OP-ART e aos nenos e nenas gustáronlle moito porque teñen moitas cores e dan sensación de movemento.
Resultado de imagen de vasarely  Resultado de imagen de vasarely

Resultado de imagen de vasarelyResultado de imagen de vasarely

   Estivemos dándolle cor a unha das súas obras nunha actividade impresa individual pero, ao mesmo tempo, coloreamos con rotuladores (por primeira vez na aula empregamos "rotus" para colorear superficies un pouco grandes e non só para repasar trazos ou letras, saiu bastante ben pero foi preciso insistir moito en concentrarse ben, non caragr demasiado porque rompe o papel, procurar non saír por fóra porque non se pode borrar etc.) a mesma obra en maior tamaño para colocar ao lado das que pintaron os nenos e nenas de 5 anos.















 
























                                      


















      Cando acabamos, fomos colocar o noso vasarely xunto cos que fixeron os nenos e nenas de 5 anos e estivemos contempalndo, tamén, o "Castelo e sol" de Paul Klee e os debuxos mironianos que os alumnos/as de 4 anos colocaron no teito. O corredor de infantil está espectacular.








3 comentarios:

  1. Cantas cousiñas aprenderon os pementeiros neste curso...e nos na casa tamén, que hai artistas que non coñecíamos. NORABOA PEQUES!!!

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousiñas aprenderon os pementeiros neste curso...e nos na casa tamén, que hai artistas que non coñecíamos. NORABOA PEQUES!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome de que coñezades novos artistas, jajajaja, todos aprendemos cousas novas traballando por proxectos e hoxe coas novas tecnoloxías o acceso á información é tan rápido e cómodo que os proxectos son tremendamente dinámicos. Eu estou feliz co desenvolvemento deste proxecto tan artístico!!!!! E sei que os peques aprenderon moitísimo!

      Eliminar