UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 8 de mayo de 2017

MONDRIAN E GIACOMETTI

       Seguimos descubrindo novos artistas na Pementeira. Estes últimos días sabedes que estivemos investigando sobre o proceso creativo dos escultores e coñecemos a obra dun italiano que realiza unhas esculturas moi, moi delgadiñas. Pero antes de continuar coa escultura, temos que presentar aos últimos dous Willy Fog que foron: o venres Izan e hoxe luns Marcos. ¡Mirade que elegantes e felices estaban!
          







     Por outra banda, Yeico trouxo para o noso recuncho artístico unhas maquetas moi bonitas da Catedral de Notre-Dame, o Big Ben e o Taj-Mahal que xa están no seu lugar á beiriña da Sagrada Familia de Barcelona.


    Antes de pasar á escultura, hoxe estivemos facendo unha actividade impresa representando unha das obras de Mondrian. Xa coñecedes a este pintor holandés e recordades o ben que pintaron os pementeir@s un cadro seu que temos no noso corredor, pero hoxe fixemos unha pintura individual respectando as "normas" que tiña Mondrian: empregar cores primarias xunto co branco e o negro, e liñas sempre horizontais en negro formando cadrados e rectángulos. Mirade o resultado.





























      E agora si que chegou o momento de falar da nosa escultura. O escultor que nos inspirou é Giacometti. Aquí podedes ver algunha das súas obras.
 Resultado de imagen de giacometti Resultado de imagen de giacometti
Resultado de imagen de giacomettiResultado de imagen de giacometti

     A nosa escultura, que fixemos en equipo todos xuntos, estivo secando e hoxe por fin xa lle din a característica cor gris das figuras delgadas e alrgadas de Giacometti. Así quedou... 


    A seguinte tarefa foi poñerlle título. Costou un pouquiño que saíran propostas (porque iso de poñer títulos ás obras de arte non é cousa baladí e, claro, os pementeir@s non están aínda moi afeitos a facelo) pero quero dicir que houbo dúas ideas interesantes:
       Daniel dixo que lle parecía un home que estaba pedindo calma (e imitou el mesmo a postura da escultura coa man levantada decindo "calma, calma"" así que o título podería ser "O home que pide calma"
      Entonces Aleixo dixo que a el lle parecía que estaba bailando, así que o título sería "Home bailando".
      Como non xurdiron máis ideas, o seguinte paso foi votar un dos títulos para ver cal tiña máis defensores e gañou "Home bailando" co cal ese será o título da nosa escultura.
      E despois algúns pementeiros se animaron a seguir experimentando no proceso de modelado con plastilina para lograr a representación dunha figura coas súas pernas, o corpo, os brazos e a cabeza. E aquí están algunhas das obras...







3 comentarios:

  1. Sodes tremendos. Non se vos resiste nada. Teatro, pintura, escultura ....

    ResponderEliminar
  2. Imos propoñendo moitas cousas diferentes, a ver por onde saen eles. Pouco a pouco imos vendo o tipo de actividade que prefire cada un, e tamén imos descubrindo como algunhas cousas costan traballo pero que se somos persistentes e intentamos facelo unha e outra vez conseguimos avanzar. Ademáis estas actividades de modelado con plastilina veñen ben para ir interiorizando o esquema corporal e para traballar coas mans (apretando, empregando os dedos para dar forma, fortalecendo as mans, aprendendo a controlalas...) co cal todo o relativo á aprendizaxe da escritura se verá facilitado.

    ResponderEliminar