UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

     Hoxe é o día das nosas letras. O día en que celebramos o feito de ter unha lingua propia e homenaxeamos aos escritores que a empregan e  a todos os persoeiros que a defenden. Nesta ocasión recordamos  a Carlos Casares como xa todos vós sabedes.

Resultado de imagen de carlos casares dibujo




No cole estivemos lendo algúns dos seus relatos e o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua organizou un concurso de poemas e debuxos. Na Pementeira participaron cinco nenos/as. Onte, Noa trouxo o seu debuxo de "A galiña azul" que poñía ovos de cores.


      Os outros participantes foron Sara García, Valeria, Aleixo e Gabriel.

     ¡Grazas rapaces e rapazas por participar e grazas ás familias que colaboraron coa actividade!
      Agora toca esperar porque o xurado do concurso ten que escoller os gañadores. A ver se hai sorte e algún pementeiro/a recibe algún agasallo pola súa participación e esforzo.
        No cole tamén quixemos poñer unha decoración acorde co importante día que celebramos hoxe e, aínda que a iniciativa, como debe ser, foi do Equipo de Normalización, todo o equipo de infantil (profes e nenos/as) quixeron participar de xeito moi activo. Ademáis apareceu no corredor unha galiña azul moi simpática coa que sacamos moitas fotos. ¡Mirade que divertido!
         

Resultado de imagen de gifs animados gallinas



Resultado de imagen de gifs animados gallinas



 







 


    ¡Ata a profe Teté e Manolo quixeron ser galiñas azuis por un momento! ¡E houbo máis profes que se animaron!



Resultado de imagen de gifs animados gallinas

4 comentarios:

  1. Q bonito photocall! Guapas todas as galiñas azuis!

    ResponderEliminar
  2. A verdade e que quedaron xenial

    ResponderEliminar
  3. Que chulo está decorado o pasillo e que divertidas estas fotos das e dos pequenos!! os nenos están emocionados con Carlos Casares, na casa agora so contamos o libro da Galiña Azul jejeje.

    ResponderEliminar
  4. Pois alégrame que os nenos e nenas se vaian aficionando a ler, e escoitar, relatos en galego e vaian coñecendo escritores que defenden un uso normalizado da nosa lingua. Coa decoración pretendemos chamar a súa atención, as imaxes sempre axudan a fixar a atención e a recordar información, por iso sempre intentamos "enganchalos" con algo chamativo, con cores... e anímanos pensar que de vez en cando o conseguimos! Grazas por valorar estas cousiñas!

    ResponderEliminar