UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 11 de mayo de 2017

CARLOS CASARES E A GALIÑA AZUL

        Onte mércores e hoxe xoves, os Willy Fog encargados de pasar lista e ser axudantes da profe foron Gabriel e Anrís. Os dous estaban encantados co disfrace e felices de pasar lista e repartir as merendas. Gabriel estaba tan contento facendo o papel de Willy Fog que nn quiso sacar a máscara do león e pasou lista con ela posta. Aos pementeiros/as failles moita graza ver aos compañeiros/as así vestidos así que están desexando que lles toque o turno.







    Onte estivemos lendo un conto popular da India, o país onde está o Taj-Mahal, que falaba dun gran elefante branco e disfrutamos moito coa historia. Despois escoitamos o sonido do sitar e o tabla, uns instrumentos tradicionais da India.
    A continuación estivemos "escribindo" e dándolle cor a un debuxo da ESTATUA DA LIBERDADE. Algúns pementeiros/as esforzáronse máis que outros e empregaron a acuarela con coidado e atención, outros fiixeron o traballo con máis precipitación e o resultado foi un  pouco "borroso".



























    E hoxe adicamos a xornada a falar un pouquiño de Carlos Casares e a ler as aventuras da "GALIÑA AZUL" para ir preparando o Día das Letras Galegas.
      Despois de coñecer a esta galiña tan peculiar que en vez de dicir "cacaracá" cando poñía un ovo, dicía "cocorocó" e que tiña cinco plumas vermellas e poñía ovos de cores, fixemos un debuxo (nesta ocasión o debuxo foi guiado) da famosa galiña. En xeral os resultados foron moi bos, estivemos vendo que a galiña ten un corpo, unha cabeza con ollos, cresta e peteiro, dúas patas finas e unha cola. Co debuxo guiado tratamos de concretar a representación dunha figura axudando aos nenos a organizar as distintas partes (simplificando, claro, a representación e dándolle importancia ás partes máis salientables) para que os pequenos se vaian fixando nas proporcións, na interconexión da cabeza, a cola, as patas co corpo e que, así, vaian animándose a representar eles con máis tranquilidade outros animais ou persoas.





















     Como sabedes, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua organizou un concurso para o Día das Letras Galegas. Os nenos e nenas de infantil poden participar facendo un debuxo, unha postal, relacionada con algúns dos relatos do autor (por exemplo "A galiña azul", "As laranxas máis a laranxas de todas aslaranxas", "O can Rin e o lobo Crispín", "Lolo anda en bicicleta" ...)
     Desde aquí quero felicitar a Sara García que foia primeira en traer o seu debuxo para o concurso e metelo na urna habilitada para recoller as obras de todos os que queiran participar. Fixo un debuxo de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" que lle quedou moi artístico e ata se animou a escribir o título. ¡PARABÉNS, SARA!



    ¡Veña, animádevos a facer as vosas postais recordando as personaxes de Carlos Casares para particpar no concurso! Hai un premio para infantil que alguén terá que gañar. E recordade que hai que firmar con seudónimo.


4 comentarios:

  1. Menudos artistas estes pementeir@s !!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí, pero téñense que animar a participar no concurso das Letras Galegas, que a nosa clase vai ter moi pouquiña representación!!!!!

      Eliminar
  2. Pero que artistas son estos pementeiros!!! Que galiñas mais chulas👏👏👏. Parabéns Sara encantame o debuxo. Enzo dime que escriba que o conto da galiña azul e un conto moi especial 😅😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben por Enzo, e que hoxe lemos na aula a mensaxe de Rosana e todos me din que as súas mamás tamén queren escribir, jajajaja, alégrame que el queira transmitir a súa opinión empregando o blog!

      Eliminar