UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 25 de mayo de 2017

25 DE MAIO: DÍA DE ÁFRICA

       Hoxe é 25 de maio e celebramos o Día de África.

                               Resultado de imagen de dia de africa

Resultado de imagen de cuento la máscara del león youtube     Así que, na Pementeira, lemos un conto dun león africano que vivía na sabana pero e vez de comer cebras xogaba con elas ao pilla-pilla. O conto foi un éxito e todos os nenos e nenas disfrutaron moito escoitándoo.


    Para complementar esa lectura cun pouco de ritmo africano, escoitamos unha canción en lingala, que é unha lingua bantú que se fala no Congo. Os pementeiros/as estaban ben atentos escoitando esas palabras estranas pero tan sonoras e atractivas, e tratando de seguir o ritmo coas palmas.

      Se queredes escoitar a canción na casa podedes clicar na palabra AMAWOLE que está a continuación (tamén no lateral do blog, no apartado ENLACES AFRICANIZANTES aparece o link)


No hay comentarios:

Publicar un comentario