UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 3 de abril de 2017

¡O CUMPLE DE ALEJANDRO!

          Hoxe celebramos o cumple de Alejandro Vázquez Rodríguez. Chegou emocionadísimo ao cole porque agora xa ten 4 anos!!!! O tempo pasa voando e cada vez son máis os pementeiros/as que xa teñen 4 anos. Como facemos sempre, o primeiro foi apagar as candeas. Alejandro foi moi preciso porque soplou só dúas veces, a toda velocidade, e xa apagou todas as candeas. 

Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleanos
¡Como vedes, Alejandro estaba máis que feliz co seu cumple!

                                  
     Despois tocou cantar a canción de "Cumpleanos feliz" e disfrutar do espectacular biscoito que nos trouxo Alejandro. ¿Imaxinades que figuras había no doce? Pois dinosaurios, ¡por suposto non podía haber outra cousa!.


 Resultado de imagen de gifs dinosaurios animados









      O biscoito estaba delicioso e case todos quixeron repetir, algúns ata comeron tres cachos.¡Eso sí, todos querían que lles tocase o dino! Pero non tivemos tempo de repartir as chuches que trouxo Alejandro para os seus compis (e para as mestras). De todos xeitos están gardadas na aula e espero que os pementeiros/as teñan máis ganas de disfrutalas o mércores (mañán non sei se será posible  a causa da saída prevista ao teatro en Santiago).



                             Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleanos

2 comentarios: