UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 26 de abril de 2017

HOMBRE NEGRO DE CALDER

        Hoxe o anosa Willy Fog foi Sara García que estaba espectacular co disfrace e que fixo o panel moi ben.



        Despois do panel, do conto e de cantar cancións, empezamos a tarefa do día que, unha vez máis, tiña que ver co proxecto de arte.
      Xa coñecíamos a Calder como o creador dos famosos chupins ou esculturas móbiles. De feito, as familias dos pementeiros/as colaboraron na decoración do noso corredor artístico elaborando móbiles que colgan do teito do cole.




        

     Pero Calder también foi pintor e as súas pinturas, como as de Miró, están cheas de cores intensos, líneas definidas e formas simplificadas que dan como resultado obras con certo aspecto infantil. Algunhas das súas pinturas son as que aparecen a continuación:
                      Resultado de imagen de calder pinturas
                        Resultado de imagen de calder pinturas
                          Resultado de imagen de calder pinturas 

Imagen relacionada    Nós estivemos traballando hoxe sobre unha das súas obras titulada "HOME NEGRO". Antes de decirlle o título aos nenos/as, pregunteille qué lles parecía que era aquelo e responderon rapidamente:
- Un sol.
-Unha cara.
-Un león.
-Unha flor.
-Unha serpe.
-Unha cabeza con pelos.
      A continuación fixemos unha actividade impresa sobre esta pintura na que os pementeiros/as escribiron (ou polo menos intentárono, tendo en conta que hai moitas letras que aínda non traballamos) o título da obra e a continuación colorearon o debuxo.
                            




























    Como vedes, os traballos quedaron moi ben e todos están esforzándose en integrar a lingua escrita nas rutinas do día. Algunhas letras saen mellor que outras, sobre todo as que están no nome de cada un porque, obviamente, as coñecen mellor e as practican máis. Os grafemas que non traballan habitualmente costan máis traballo e agora estou intentando que me fagan caso cando lles indico onde deben comezar a letra, en que dirección deben continuar etc. (porque, ás veces, xurden algúns hábitos inaxeitados, como empezar as letras desde abaixo, que costa un pouquiño modificar). Valorádelle estos esforzos porque hai que recoñecer que para eles/as non é tan sinxelo comprender cousas como que a nosa escritura vai de esquerda a dereita e de arriba abaixo e aínda están afianzando a súa lateralidade, polo tanto, empezar as letras ou as palabras do revés, escribir en espello ou darlle a volta a certas grafías é moi normal e non implica, ata o de agora, que exista ningún problema. O que pretendemos no cole é que a escritura sexa un proceso normal na aula, que aumenten a capacidade de observación e concentración, que vaian automatizando e afianzando trazos e, simplemente, que vaian intentando escribir (cada día o farán mellor, como se percibe nos seus nomes).
     Despois de traballar tivemos tempo de xogar nos recunchos.


    Cando volvemos do recreo estivemos reproducindo en grande o "Home negro"de Calder para colocar no teito do corredor xunto cos móbiles.















          Agora so falta colocala no seu lugar. ¡A ver que tal queda!

5 comentarios:

  1. A Oscar encantoulle o traballo que fixeron os seus compis

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois temos que facer outra cousa así de divertida cando el volva! Estamos desexando que todos os nenos que están coa varicela volvan prontiño!!!!.

      Eliminar
  2. Bravo, bravo, bravo. Dentro de nada xa escribides vos a lista da compra. Campeons

    ResponderEliminar
  3. Unha maña moi aproveitada, doulles tempo a facer de todo.

    ResponderEliminar
  4. Mira quen era o famoso Home de Negro do que me falaba Alejandro, ja,ja,ja.
    Moi ben feito pementeir@s, traballades moito e moi ben. Bicos

    ResponderEliminar