UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 30 de marzo de 2017

UNHA PRESENTACIÓN ARTÍSTICA

     ¡Por fin chegou o momento de compartir coas familias este gran traballo dos pementeiros/as! Levamos un para de meses, polo menos, realizando unhas grabacións das voces de tod@s os alumn@s da clase para engadir nunha presentación PREZI que eu preparei con moitas das obras de arte (pinturas, esculturas e todo tipo de monumentos) que estivemos coñecendo dentro do noso proxecto deste curso. Veredes que non están todas as obras que eles coñecen. Partín inicialmente das vosas aportacións para o recuncho e, despois, fun concretando un pouco máis, según o traballo que íamos facendo (cousas que xurdían en vídeos, traballos de todo o ciclo de infantil para a decoración dos espazos en común, imaxes que lles chamaron a atención nalgún libro ou conto que lemos na aula...)
      Podería seguir incluíndo obras de arte. Por poñer algún exemplo, todos coñecen o "David" de Miguel Ángel ou "A espera" de Klimt, ou o "Home melancólico" de Van Gogh e non os incluín porque tampouco quería facer a presentación excesivamente longa (e garantízovos que é bastante longa), tiña que parar nalgún momento porque o interesante é empregar esta presentación de cando en vez na aula, ou nas casas, e o tempo pasa voando (xa estamos a piques de rematar o 2º trimestre).
      Gustaríame que felicitárades aos vosos fillos/as porque fixeron un traballo alucinante. ¡Estou moi orgullosa deles! Puxeron entusiasmo e ganas nesta actividade, moitas das grabacións estaban xa perfectas ao primeiro intento, todos querían saír voluntarios aínda que o título da obra fora difícil, e cando había que repetir non perdían o ánimo. Certamente algún día non foi tan fácil (pensade que non todos os días podíamos grabar, e tampouco podíamos adicar moito tempo seguido a esta actividade porque require moito silencio e moita paciencia de todo o grupo) porque era difícil manter un nivel de silencio axeitado na aula (un tiña tos, outro movía a silla, outro botaba un berro e outro tiraba unha peza dun puzzle no chan... cousas típicas en infantil) pero, en xeral, resultou moito máis fácil do que eu pensaba. Eu tratei de felicitar sempre a cada neno/a cando se esforzaba en pronunciar ben, en memorizar un título longo ou en empregar un tono de voz un pouquiño máis alto para que o micrófono rexistrara o son pero pídovos que lle fagades saber aos vosos/as fillos/as que estades orgullosos deles/as. A vosa opinión é fundamental e sei que se sentirán como auténticos campeóns cando perciban a vosa satisfacción.
     Con este tipo de actividades traballamos moitísimas cousas: a memoria visual e auditiva, a expresión oral, a pronunciación, o traballo en equipo, o autocontrol, a paciencia, o emprego das novas tecnoloxías, diversos conceptos de historia, arte e xeografía, a organización espazo-temporal, o gusto estético, a asociación e interrelación de conceptos... Como vedes tan importantes son os contidos conceptuais como os actitudinais. E precisamente nas actitudes é onde nós podemos facer moito, se lles axudamos e encamiñamos a valorar este tipo de traballos en grupo, o esforzo persoal, o interese por aprender e participar en tarefas diversas e o afán de superación estaremos educando persoas activas, intelixentes, independentes e felices (porque eu penso que a xente capaz, útil, activa e creativa tamén vive máis feliz).
      En fin, non vos quero soltar máis discursos destes pedagóxicos. Espero que vos animedes a ver a presentación e disfrutedes dela. A min paréceme que quedou fantástica. Si clicades na imaxe dos "Nenúfares" de Monet que aparece aquí, enlazades xa co prezi. De todos xeitos no lateral dereito do blog quedará tamén o enlace por se nalgunha ocasión queredes volver a velo directamente (sen ter que buscar esta entrada).

12 comentarios:

  1. Impresionante!! Menudos fenómenos!! Cuanto saben estos compis y cuanto trabaja esta profe. Estamos muy orgullosos. Un super besazo para todos. Yeico y sus papas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tú lo has dicho, son unos fenómenos! Estoy encantada con ellos, animadlos mucho, mucho a seguir aprendiendo. Ellos se sienten genial cuando reconocen las obras de arte, y emiten sus propios juicios sobre ellas... Muchas gracias, Silvia, por visitar el blog y dejar tu comentario! Os agradezco muchísimo que sea un sitio tan vivo, con tantas visitas y comentarios tan positivos. Anima mucho, de verdad! GRACIAS!

      Eliminar
  2. Excellente. Como reteñen os nomes e as imaxes. E imposible enganalos. Teñen almacenada un monton de informacion. E o mellor de todo e q non lle teñen medo a nada. Atrevense co que lle boten. Noraboa . Estamos super orgullosos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso de que se atrevan a facer cousas novas, gústame moito. E verdadeiramente teñen moi boa memoria e recordan un montón de información. Así que, espero que lle saquen moito partido ao que están aprendendo. Grazas por valorar estas actividades e seguir animando aos vosos fillos a participar en todo.

      Eliminar
  3. Nos encanta que sepan tantas cosas y q reconozcan tantos monumentos a cualquier sitio al que vamos nos sorprende diciendo mira mamá la torre de Pisa mamá el bibi de daniela tiene la catedral de San Basilio ... Gracias profe tete

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Emociónanse cando ven algo que xa coñecen, jajaja, e teñen certas cousas que unánimemente consideran xeniais: a Torre Eiffel, a Estatua da Liberdade, O Taj-Mahal...jajajaja, agora están na fase de "enamoramento" coa Pirámide Escalonada de Kukulcan.Faime gracia que de repente parece que se poñen de acordo para que lles uste unha cousa concreta! pero estou encantada con todoo que están aprendendo.Grazas a vos por todo!

      Eliminar
  4. Que traballo mas chulo , vimolo todos xuntos e a verdade e que o disfrutamod moito e pasamolo xenial, noraboa a todos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Yoli, eu estou contentísima de que vexades estes traballos na casa. Puxemos moitas ganas e interese en facelo e para os nenos/as é fundamental que as familias disfrutedes vendo esta presentación e compartindo a ilusión que eles/as teñen de escoitarse e de lucirse con todas as obras de arte e monumentos que recoñecen. GRAZAS!

      Eliminar
  5. ¡¡¡¡Bo traballo!!!! o estivemos vendo os tres xuntos,por fin quixo ver o blogue con nos e non lle daba chegado o seu momento, cun sorriso e todo orgulloso do que dixo,nos encantados de que estivera tan contento vendo o video os tres xuntos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Alégrome moito! Poden estar todos ben orgullosos porque foi un traballo de equipo e quedou moi ben. Aprendemos un montón de cousas e faime feliz que teñan ganas de mostrarvos todo o que saben. GRAZAS por ver a presentación con eles, por animalos a seguir facendo cousas, por valorar todas as actividades e por estes comentarios no blog, que animan moito a seguir compartindo experiencias!

      Eliminar
  6. Encantounos a todos!!! Enzo quixo velo tres veces seguidas 😅, moi bo traballo pementeiros e profe 👏👏👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O que máis alegría me dá é que me digades que o queren ver!!!! Fixérono moi, moi ben e eu estou encantada co resultado. Cando conseguimos traballar en equipo os resultados son bos! Grazas!!!!!

      Eliminar