UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 7 de marzo de 2017

EXPERIMENTO COA COR 2

         Chegou o luns e os pementeiros/as comprobaron o resultado do segundo experimento coa cor. Como sabedes, nesta ocasión as cores que puxemos nos vasos  foron o amarelo e o azul. Durante o fin de semana as cores foron "subindo" polos panos de papel  e chegaron ao vaso central onde se mesturaron creando unha nova cor.




    Así que grazas a este experimento xa sabemos que se mesturamos vermello e amarelo conseguimos a cor laranxa, e se mesturamos o amarelo e o azul conseguimos verde.
        Na aula seguimos traballando cousas diferentes: o trazo de letras e números, a grafía dos nomes e moitas cousas do proxecto. Hoxe traballamos así de tranquilos na Pementeira...





Traballando marzo 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker    







Resultado de imagen de camille y los girasoles       Tamén estivemos pintando uns xirasois para que o noso "Home melancólico" de Van Gogh (que estamos colocando pretiño do panel de Amsterdam) se poña un pouco feliz (porque lemos unha historia na que un neno de Arlés lle regalou uns xirasois a Vincent que, finalmente, el pintou deixándonos unha das obras máis salientables e icónicas de toda a Historia da Arte.



Marcos tróuxonos un calendario con moitas imaxes de París e aproveitamos para recordar que cousas coñecemos da Cidade da Luz.






3 comentarios:

  1. Q ben escriben, como traballandan concentrados, e eses xirasois q van quedar fantásticos .. Noraboa de novo, a todos, pementeiros/as e á pementeira "xefe” tamen por suposto. Ja ja ja

    ResponderEliminar
  2. Que comcentrados estàn a traballar,¡¡¡encantame!!!!!,non sabìa que xa escribira o seu nome,non me conta nada!!! menos mal que o vexo aquì!!! ¡¡¡noraboa polo esforzo è o bo traballo!!!

    ResponderEliminar
  3. Na PDI todos se animan a escribir pero no papel xa non lles apetece tanto, jajaja. As novas tecnoloxías enganchan desde que chegamos ao mundo e o que nunha pizarra interactiva parece un xogo, nun folio xa parece un traballo. Pero, en fin, a maioría dos pementeiros/as poñen o nome moi ben a verdade, e practicando na PDI con esas ganas seguro que conseguiremos que o fagan requetebén nas actividades impresas tamén.

    ResponderEliminar