UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 25 de marzo de 2017

A CAPELA SIXTINA

      O taller artístico de infantil do Rosalía segue traballando sen descanso. A última obra de arte que luce no noso corredor é "A creación de Adán" de Miguel Ángel. Na Pementeira estivemos coñecendo esta famosísima e fermosísima representación do momento en que Deus lle dá a vida a Adán con esa simbólica unión dos dedos (unha imaxe que, penso, todo o mundo recoñece).
Resultado de imagen de la creación de adán

Imagen relacionada

    Aproveitamos para falar un pouquiño de Miguel Ángel, pintor, escultor, arquitecto e escritor do Renacemento italiano. Miguel Ángel tivo que pintar durante anos subido a uns andamios para chegarlle ao teito da Capela Sixtina, co pescozo retorcido, en xeonllos ou mesmo tumbado, pasando frío e soportando humidade que lle calaba os ósos e limpando a pintura que lle goteaba sobre a cara. Foi un traballo que resulta case inhumano. Un teito cheo de imaxes bíblicas, de historias do Antigo Testamento, que deixa coa boca aberta de estupor a calqueira amante da arte que teña a sorte de visitar dita capela.
       Nós non podemos desprazarnos a Roma agora mesmo, pero preparamos unha humilde réplica no corredor. Os pementeiros saíron a contemplar a "Creación de Adán" e aproveitamos para recordar un pouquiño todo o que aprendemos ultimamente de Miguel Ángel e a Capela Sixtina. 





Imagen relacionadaCuriosamente, algún pementeiro apuntou que ese home que estaba tumbado co brazo estirado era David, o que lle tirou a pedra a Goliat. E aínda que, obviamente, non é así, é interesante que a figura de Adán lles recordase ao "David"  do mesmo autor (que víramos fai uns días)

Este fresco da "Creación de Adán" é tan icónico, tan impactante, tan equilibrado e tan fermoso que forma parte irremediablemente da nosa cultura artística, da nosa memoria visual, do noso bagaxe intelectual. Por iso, é habitual que se recree (de xeito máis ou menos creativo, divertido, fiel ou simplificado) en películas, debuxos animados, carteis publicitarios, camisetas, pósters... e ata nunha expedición espacial... Ninguén escapa á atracción desta pintura. ¡Oxalá os pementeiros/as aprendan a amala!





      E como hoxe era o día da Capela Sixtina, a nosa contraseña para o luns ten moito que ver con ela. Xa sabedes que temos un xogo na Pementeira que consiste en recordar unha contraseña para entrar na aula. As contraseñas que xa empregamos días pasados foron:
             "La Torre de Pisa
           me da risa"

"Entré en el Partenón
y vi un monstruo cabezón"

"Visité el Big Ben
y me lo pasé muy bien"

E para o luns... ¡a ver quen se acorda!


Resultado de imagen de gifs animados esfuerzo de pensar

Resultado de imagen de gifs animados buen fin de semana

7 comentarios:

  1. Grazaaaaas! que máis quixera eu, case me parece un insulto ao xenial Miguel Ángel, pero eu fíxeno con toda humildade desde a miña profunda admiración a ese superhome que el foi! O bo de dar clase en infantil é que estes peques pensan que a nosa "Creación de Adán" é igual que a auténtica, jajajaja, espero que o que nós facemos lles axude a achegarse á arte con naturalidade, con curiosidade e interese, con admiración e paixón ... e que, despois, pouco a pouco, a partir dun achegamento e duns coñecementos previos teñan oportunidades de ver auténticas obras de arte e descubran a súa xenialidade (e lles caia a baba coma a min cando entren na Capela Sixtina). Espero que non faga o efecto contrario!!!!! GRAZAS!!!!

    ResponderEliminar
  2. Que pasillo de infantil mais de obra de arte tendes os de infantil , da gusto velo . Si que lle queda na cabeza os pimenteiros xa que falan moito das obras e autores , eles estan encantados , moitas felicidades polos traballos que facedes

    ResponderEliminar
  3. Encantame!!! Que recreación mais ben feita!👏👏👏👏👏👏. O proxecto para nós un éxito, ver que con só tres anos teñan os seus propios gustos no mundo da arte e que queiran recorrer o mundo e realmente fantástico, moitas grazas

    ResponderEliminar
  4. Por certo o xogo das contraseñas outro éxito!!! Os pementeiros encántalles, e os papis tamén 😅😅😅, aínda que Enzo éste fin de semana non nós di nin pío. Es un secreto para vosotros 😅😅😅😅😅😅

    ResponderEliminar
  5. Esta aula como mola, se merece una ola! Olaaa!!!
    Todolos días unha sorpresa! Ole polos pementeiros e pementeiras e ole pola artista q teñen de Profe.
    Corroboro o q dixeron as outras mamas: as contraseñas, un éxito.

    ResponderEliminar
  6. Estou encantada con que as familias disfrutedes co proxecto e o xogo das contraseñas. Eu sei que os nenos/as están aprendendo moito e emociónanse con algúns monumentos e obras de arte, e fan esforzos para recordar as contraseñas que,ademáis, lles fan gracia... pero que vós estedes tan implicados na vida escolar e que entendades que en infantil traballamos partindo do xogo e da motivación dos peques, para que abran os ollos, para que medren, para que pensen, para que relacionen coñecementos, para que fagan as súas propias valoracións...iso é como un premio da lotería. ¡Seguide así, familias, é fundamental para os nenos/as ver que vós valorades todo isto! GRAZAS!!!!

    ResponderEliminar