UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 30 de marzo de 2017

UNHA PRESENTACIÓN ARTÍSTICA

     ¡Por fin chegou o momento de compartir coas familias este gran traballo dos pementeiros/as! Levamos un para de meses, polo menos, realizando unhas grabacións das voces de tod@s os alumn@s da clase para engadir nunha presentación PREZI que eu preparei con moitas das obras de arte (pinturas, esculturas e todo tipo de monumentos) que estivemos coñecendo dentro do noso proxecto deste curso. Veredes que non están todas as obras que eles coñecen. Partín inicialmente das vosas aportacións para o recuncho e, despois, fun concretando un pouco máis, según o traballo que íamos facendo (cousas que xurdían en vídeos, traballos de todo o ciclo de infantil para a decoración dos espazos en común, imaxes que lles chamaron a atención nalgún libro ou conto que lemos na aula...)
      Podería seguir incluíndo obras de arte. Por poñer algún exemplo, todos coñecen o "David" de Miguel Ángel ou "A espera" de Klimt, ou o "Home melancólico" de Van Gogh e non os incluín porque tampouco quería facer a presentación excesivamente longa (e garantízovos que é bastante longa), tiña que parar nalgún momento porque o interesante é empregar esta presentación de cando en vez na aula, ou nas casas, e o tempo pasa voando (xa estamos a piques de rematar o 2º trimestre).
      Gustaríame que felicitárades aos vosos fillos/as porque fixeron un traballo alucinante. ¡Estou moi orgullosa deles! Puxeron entusiasmo e ganas nesta actividade, moitas das grabacións estaban xa perfectas ao primeiro intento, todos querían saír voluntarios aínda que o título da obra fora difícil, e cando había que repetir non perdían o ánimo. Certamente algún día non foi tan fácil (pensade que non todos os días podíamos grabar, e tampouco podíamos adicar moito tempo seguido a esta actividade porque require moito silencio e moita paciencia de todo o grupo) porque era difícil manter un nivel de silencio axeitado na aula (un tiña tos, outro movía a silla, outro botaba un berro e outro tiraba unha peza dun puzzle no chan... cousas típicas en infantil) pero, en xeral, resultou moito máis fácil do que eu pensaba. Eu tratei de felicitar sempre a cada neno/a cando se esforzaba en pronunciar ben, en memorizar un título longo ou en empregar un tono de voz un pouquiño máis alto para que o micrófono rexistrara o son pero pídovos que lle fagades saber aos vosos/as fillos/as que estades orgullosos deles/as. A vosa opinión é fundamental e sei que se sentirán como auténticos campeóns cando perciban a vosa satisfacción.
     Con este tipo de actividades traballamos moitísimas cousas: a memoria visual e auditiva, a expresión oral, a pronunciación, o traballo en equipo, o autocontrol, a paciencia, o emprego das novas tecnoloxías, diversos conceptos de historia, arte e xeografía, a organización espazo-temporal, o gusto estético, a asociación e interrelación de conceptos... Como vedes tan importantes son os contidos conceptuais como os actitudinais. E precisamente nas actitudes é onde nós podemos facer moito, se lles axudamos e encamiñamos a valorar este tipo de traballos en grupo, o esforzo persoal, o interese por aprender e participar en tarefas diversas e o afán de superación estaremos educando persoas activas, intelixentes, independentes e felices (porque eu penso que a xente capaz, útil, activa e creativa tamén vive máis feliz).
      En fin, non vos quero soltar máis discursos destes pedagóxicos. Espero que vos animedes a ver a presentación e disfrutedes dela. A min paréceme que quedou fantástica. Si clicades na imaxe dos "Nenúfares" de Monet que aparece aquí, enlazades xa co prezi. De todos xeitos no lateral dereito do blog quedará tamén o enlace por se nalgunha ocasión queredes volver a velo directamente (sen ter que buscar esta entrada).

sábado, 25 de marzo de 2017

A CAPELA SIXTINA

      O taller artístico de infantil do Rosalía segue traballando sen descanso. A última obra de arte que luce no noso corredor é "A creación de Adán" de Miguel Ángel. Na Pementeira estivemos coñecendo esta famosísima e fermosísima representación do momento en que Deus lle dá a vida a Adán con esa simbólica unión dos dedos (unha imaxe que, penso, todo o mundo recoñece).
Resultado de imagen de la creación de adán

Imagen relacionada

    Aproveitamos para falar un pouquiño de Miguel Ángel, pintor, escultor, arquitecto e escritor do Renacemento italiano. Miguel Ángel tivo que pintar durante anos subido a uns andamios para chegarlle ao teito da Capela Sixtina, co pescozo retorcido, en xeonllos ou mesmo tumbado, pasando frío e soportando humidade que lle calaba os ósos e limpando a pintura que lle goteaba sobre a cara. Foi un traballo que resulta case inhumano. Un teito cheo de imaxes bíblicas, de historias do Antigo Testamento, que deixa coa boca aberta de estupor a calqueira amante da arte que teña a sorte de visitar dita capela.
       Nós non podemos desprazarnos a Roma agora mesmo, pero preparamos unha humilde réplica no corredor. Os pementeiros saíron a contemplar a "Creación de Adán" e aproveitamos para recordar un pouquiño todo o que aprendemos ultimamente de Miguel Ángel e a Capela Sixtina. 





Imagen relacionadaCuriosamente, algún pementeiro apuntou que ese home que estaba tumbado co brazo estirado era David, o que lle tirou a pedra a Goliat. E aínda que, obviamente, non é así, é interesante que a figura de Adán lles recordase ao "David"  do mesmo autor (que víramos fai uns días)

Este fresco da "Creación de Adán" é tan icónico, tan impactante, tan equilibrado e tan fermoso que forma parte irremediablemente da nosa cultura artística, da nosa memoria visual, do noso bagaxe intelectual. Por iso, é habitual que se recree (de xeito máis ou menos creativo, divertido, fiel ou simplificado) en películas, debuxos animados, carteis publicitarios, camisetas, pósters... e ata nunha expedición espacial... Ninguén escapa á atracción desta pintura. ¡Oxalá os pementeiros/as aprendan a amala!





      E como hoxe era o día da Capela Sixtina, a nosa contraseña para o luns ten moito que ver con ela. Xa sabedes que temos un xogo na Pementeira que consiste en recordar unha contraseña para entrar na aula. As contraseñas que xa empregamos días pasados foron:
             "La Torre de Pisa
           me da risa"

"Entré en el Partenón
y vi un monstruo cabezón"

"Visité el Big Ben
y me lo pasé muy bien"

E para o luns... ¡a ver quen se acorda!


Resultado de imagen de gifs animados esfuerzo de pensar

Resultado de imagen de gifs animados buen fin de semana

viernes, 24 de marzo de 2017

¡ÒSCAR XA TEN 4 ANOS!

    Outro pementeiro que se fai maior: Óscar xa ten 4 anos e quixo compartir con todos os seus compis (e as profes) unha merendola ben completa. Trouxo un gran biscoito, unha caixa de galletas, chuches e bombóns para as  profes.
   Por suposto antes de nada, o protagonista do día tivo que apagar as candeas (e fíxoo con moito interese e concentración absoluta) e, despois, todos os seus amigos/as lle cantaron a canción de "Cumpleanos feliz" e xa empezamos a comer. Estaba todo boísimo!!!! Os pementeiros/as estaban hoxe preocupados pola miña alimentación e insistían en que tomara un cachiño do biscoito, cousa que fixen, claro, e disfrutei porque estaba delicioso. O que pasa é que tiven que apurar porque aínda non acabara de meter un bocado, cando xa estaban pedindo todos unha segunda ronda e xa tiven que poñerme a repartir biscoito de novo. ¡Grazas Yolanda, por traelo xa todo cortadiño porque, así, foi todo moito máis rápido! 



 Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños

















    Estamos intentando acostumbrarnos a comer todos xuntos, así que hay que ter paciencia e ata que todos os compañeiros teñan o seu cacho de biscoito ninguén pode empezar a comer. É a única maneira de que poidamos facer un reparto máis ou menos equitativo (porque doutro xeito cando eu acababa de entregar o último cacho de biscoito, os primeiros xa pedían o segundo e se o pastel non era moi grande... pois xa non chegaba para os demáis. Agora comemos xuntos e eu aproveito para facer cachiños máis pequenos no biscoito que sobrou, de maneira que todos os que queiran repetir poidan facelo).
     Despois de dar boa conta do biscoito e as galletas, Óscar ofreceulle un bombón ás profes e repartiu as chuches aos compañeiros/as (que estaban superfelices, claro).

Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños