UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 14 de febrero de 2017

UNHA PORTA RENOVADA

      Xa que a decoración dos corredores está sendo renovada tendo en conta o tema do noso proxecto anual, tamén toca renovar a decoración das portas das aulas. Na Pementeira escollemos unha obra do pintor austríaco KLIMT. A pintura elexida foi "A espera" que forma parte da composición da "Árbore da vida".
Resultado de imagen de el árbol de la vida
    O cadro ten tres partes diferenciadas: na esquerda está unha muller soa, de perfil, que simboliza "A espera"; na dereita vemos un home e unha muller dándos cunha aperta e precisamente así "A aperta" se coñece esta representación; e no centro, unindo ambas partes figurativas está a árbore da vida con esas características espirais que todos asociamos con KLIMT.
    Como vedes a obra de Klimt é dunha beleza deslumbrante. A nosa porta non chega a ese nivel de calidade artística e estética pero, como todo o que facemos na Pementeira, está realizada con toda a boa intención do mundo.



    De Gustav Klimt, tamén vimos na PDI o famosísimo "Bico" que todo o mundo coñece, e unha "Maternidade" de gran beleza...

Resultado de imagenResultado de imagen de maternidad klimt

    Tamén están xa colocadas as siluetas de Keith Haring que invadiron as nosas paredes e o teito de infantil e que quedan moi vistosas. ¡Mirade!




    Onte Sara García trouxo outro móbil de Calder que temos no noso recuncho (porque igual que o que trouxo Enzo, é para ter de pé, como unha escultura, e non colgado do teito). Sara estaba supercontenta co seu traballo, e non me extraña porque quedou requetebén.
     

E agora xa están colgadas as últimas esculturas móbiles que chegaran á nosa aula estes días (a de Aleixo e a de Alejandro V.R.). O nosos corredor cada día ten máis cores, máis movemento, máis arte e máis inspiración.
   E, para rematar esta entrada, toca poñer aos "Willy Fog" desta semana. O luns foi a señorita Icía que estaba completamente concentrada na tarefa de pasar lista e fixo o seu traballo con moita responsabilidade; e o martes foi Gabriel que, como veredes, non lle cabía o orgullo no peito. Isto de ser Willy Fog é unha cousa importantísima para eles, non fan máis que preguntar cando lles toca e non lles da chegado o día...
Resultado de imagen de willy fog colorear






Resultado de imagen de willy fog colorear








4 comentarios:

  1. Eu xa sabía que estaba emocionada con ser Willy Fog porque se lle notaba esa mezcla de tensión (pola responsabilidade) e a satisfacción plena de pasar lista controlando a situación e sendo a total protagonista, jajajaja. E explicouche perfectamente como teñen que facer. Estes pementeiros/as son tremendos!!!!
    Alégrome de que disfrutárades con Klimt! A min cáeme a baba cando din o moito que lle gusta un cadro ou unha escultura. Espero que manteñan ese gusto pola arte toda a vida. E a porta dixeron que lles gustaba pero, para ser xustos e sinceros, algún pementeiro mostrou certa preocupación preguntando "¿e o león, onde está?" jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Mais orixinal non pode ser ese corredor. Encantame. O igual que a obra da porta, que ten unha "calidade artística e estetica" excepcional.
    Seguide poñendolle corazón a todo o q facedes, q é moito. Noraboa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja, graciñas pola parte que me toca! Os nenos e nenas de infantil están traballando moito neste proxecto de arte, e as familias outro tanto máis... Sen dúbida o corredor está quedando moi ben e as profes intentamos facer tamén a nosa parte e aínda que non somos artistas como Klimt, Frida, Mondrián,Picasso, Pollock ou calqueira outro dos qu estamos coñecendo, polo menos esforzámonos en facer algunha cousiña vistosa. Eu estou encantada porque os pementeiros cando viron a porta, todos recoñeceron qué obra era (non recordaban o título e o autor) pero recordaban que no medio estaba a árbore e no outro lado "A Aperta" e que o mismo pintor pintou "O bico"... Así que non lles podo pedir máis... Grazas Pili!

      Eliminar
  3. Non sodes Klimt nin Frida nin Mondrian, pero esta claro que SODES ARTISTAS

    ResponderEliminar