UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 7 de febrero de 2017

TAJ MAHAL

       Hoxe teño que compartir convosco o traballo dos pementeiros/as porque o fixeron requetebén. Estivemos practicando o trazo das letras T e M (do Taj Mahal). O Taj-Mahla é un mausoleo que se atopa en Agra (India). Ten un cúpula acebolada e catro estilizados minaretes. E tamén é o nome dun dos equipos da aula.

    E despois de facer as letras, tocou colorear ese monumento tan fermoso. Mirade qué resultados tan espectaculares!





















      Óscar chegou moi contento pola mañán cunha maqueta de cartón da Estatua da Liberdade de New York, que xa colocamos no noso espazo reservado para maquetas.


E outra cousa moi importante é que xa estamos practicando a escrita dos nomes. Estou encantada de comprobar que hai moitos voluntarios para saír a escribir o nome na pizarra e algúns xa o fan realmente ben, a verdade.




¡Estes pementeiros/as son uns cracks! Mañán seguiremos practicando!


1 comentario: