UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 1 de febrero de 2017

MÁIS ENCARGADOS E MÁIS LIBROS

     Xa estamos a mércores. ¡A semana pasa voando!. Onte tocoulle ser Willy Fog a Mario que estaba moi feliz pasando lista e sendo o protagonista do día.
Resultado de imagen de willy fog colorear





      Despois de facer o panel, puxemos en práctica, unha vez máis, o noso sistema democrático de elección do conto do día. Nesta ocasión a votación foi para elixir ente "Os petos de Loreto", "Colores" e "Olivia". Como vedes, polos votos obtidos, o conto gañador foi OLIVIA. Se vos digo a verdade eu estaba convencida de que ía gañar "Colores" porque levaban varios días pedíndomo e, finalmente, a gañadora foi a inqueda porquiña Olivia que constrúe o Empire State Building coa a area da praia, visita os museos para ver moitas obras de arte que xa coñecemos e pinta nas paredes da súa casa todo un "jackson pollock" que fai que a súa mamá a mande a pensar un pouquiño...



Resultado de imagen de gifs animados ganador


    Hoxe tocoulle o turno de ser Willy Fog a Pablo que pasou lista estupendamente e levou un aplauso dos compañeiros. ¡Mirade que orgulloso estaba!
Resultado de imagen de willy fog colorear




      E lemos un conto moi fermoso sobre o pintor Degas, titulado "Degas y la pequeña bailarina". Con esta historia soupemos que Degas ademáis de pintar moitas bailarinas, tamén fixo algunha escultura coma esta que representa a unha xoven bailarina de catorce anos e que se atopa no Museo D´Orsay de París.

Resultado de imagen de bailarina de degas

     E non quero ser pesada coas recreacións de obras de arte (e que me encantan, non podo evitalo, todas as que trouxeron os pementeiros/as son magníficas) pero ¿non pensades  que esta é unha fermosísima escultura para recrear? 

    E xa por último, tamén estivemos vendo un libriño moi bonito titulado "El arte tiene letras" que empezou hoxe a viaxar polos domicilios dos pementeiros/as. Cada día irá a casa dun neno ou nena da aula para que o poda disfrutar en familia e buscar en fermosas obras de arte cousas que empecen por unha das cinco vocais, por exemplo pola A esta un anxo na "Anunciación" de Fra Angélico, pola E unha estrela nun cadro de Miró, pola I unha infanta de Velázquez, pola O unha onda na famosísima pintura de Hokusai e pola U as uvas no "Outono" de Arcimboldo.




2 comentarios:

  1. Cantos libros interesantes e divertidos! Non coñecia a escultura, pero sí é moi bonita e unha boa posibilidade para recrear outra obra de arte, tes razón Teté.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Pili e Iria, a ver se vos teño que poñer unha silla na aula para que veñades vós tamén con Marcos e Icía, jajajaja. Pois xa sabedes, a falar moito cos peques, visitar o blog sempre e investigar todos xuntos que sempre hai cousas que aprender.¡E a historia da arte é un mundo fascinante! O mellor desta metodoloxía é que aprendemos todos xuntos: nenos, profes e papis.

    ResponderEliminar