UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 12 de enero de 2017

UN LIBRO

     Onte estivemos disfrutando da lectura dun libro máxico, emocionante, creativo e divertido a máis non poder...
     Como eu xa sabía que ía triunfar (porque este libro é  imposible que non entusiasme a todo o mundo que o coñece) decidín poñer a cámara de vídeo a traballar un pouco para que as mamás e os papás comprobárades na casa o ben que o pasamos no cole. A lectura dolibro foi xenial, a participación dos nenos e as nenas completa e as risas, as sorpresas e a fascinación encheron a aula. Pero, desgraciadamente, a cámara non gravou toda a lectura (non sei ben por qué). A sorte foi que hoxe, nada máis chegar ao cole xa me pediron que lles volvese ler o libro, co cal aproveitei para gravar outro pouco máis e engadilo ao que quedou de onte. Quizá se perdeu un pouquiño da espontaneidade que eu contemplei e disfrutei na primeira lectura, pero, aínda así, creo que se percibe o moitísimo que lles gustou este libro. 
      Aquí vos deixou o vídeo final resultante. É un pouco longo pero quizá algúns de vós queredes velo enteiro e penso que pode ser un recordo divertido para os pementeiros e pementeiras. ¡Espero que vos guste!



      Por outra banda, seguimos viaxando polo mundo e disfrutando coa arte. Estivemos pintando con acuarela despois de traballar un pouquiño na prelectura, observando as letras que forman a palabra PARÍS: miramos cal é a letra inicial e cal a final, vimos que ten cinc letras e dúas son vocais e despois buscamos as cinco letras  que estaban mesturadas con outras moitas. Tamén tivemos tempo de xogar e de cantar...





E tamén estivemos organizando un pouco máis as cousiñas do noso recuncho de arte e, de paso, aproveitamos para ir recordando os monumentos que xa coñecemos e algunhas pinturas que nos gustan moito. Non esquezades que podedes seguir participando no xogo de recrear obras de arte que vos gusten.





Por certo, mañán os peques levarán unha sorpresiña para as casas que as profes de infantil  esperamos que apreciedes.


3 comentarios:

  1. Cando un libro é bo, é bo, jajajaja, Hervé Tullet é un xenio, esa capacidade de crear ilusión e emoción, curiosidade e tensión, diversión e sorpresa cuns simples círculos de cores, non a ten calqueira. Grazas por visitar sempre o blog e deixar os teus comentarios, que sempre animan a seguir compartindo cousas con vos!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas Teté.
    É xenial poder ver @s pementir@s desfrutar tanto no cole.
    Bicos para tod@s

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un dos meus soños é que se deixe de ver o cole como un sitio desagradable, no que os nenos non o pasan ben e do que están desexando marchar. É certo que hai responsabilidades, hai momentos nos que non podemos facer todo o que queremos ou nos que temos que esperar ou nos que non toca ser o único protagonista... pero a escola é, tamén, un lugar cheo de experiencias divertidas... Se vós me axudades, seguro que conseguimos que estes pementeiros aprendan moito e disfruten máis! Grazas!!!!!

      Eliminar