UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 24 de enero de 2017

O ENCARGADO WILLY FOG

     Onte empezamos a poñer en práctica unha nova rutina na aula. cada día imos ter un encargado que, como Willy Fog na súa volta ao mundo, será protagonista por un día e pasará lista, irá de primeiro na fila e axudará á profe en pequenas tarefas que ela lle encargue. 
      O primeiro en ter ese privilexio foi Rafiña. Mirade que feliz estaba facendo o papel de Willy Fog.
 Resultado de imagen de willy fog colorear



  E o segundo afortunado foi Adan, que tamén estaba moi orgulloso.
Resultado de imagen de willy fog colorear


    Por outra banda, estamos lendo libros moi interesantes e divertidos dentro deste poxecto realcionado coas obras de arte. Por exemplo, gustounos moito "Tinta e Garabato"  e, por suposto, "Colores" de Hervé Tullet (que xa é, sen dúbida, o noso autor favorito).
      Hoxe Óscar trouxo unha pintura de Mondrián para o noso recuncho  e Mario un móbil moi orixinal que xa colgamos no teito do corredor.




     A verdade é que cada día me sorprendo co que traballan estes pementeiros/as na súa casa. ¡Moitas grazas a todas as familias que están participando tanto no proxecto!
     Pero agora vou aproveitar para seguir animándovos a que, aqueles que aínda non o fixéstedes, participedes no xogo de recrear obras de arte. Recórdovos todas as recreacións que xa se fixeron, para que vos animedes a facer algunha outra máis. ¡Veña! ¡É moi divertido! Eu mesma fixen unha onte e paseino xenial. Costoume traballo porque quería representala con fidelidade e non é fácil, pero botei unhas risas.
     1.- YEICO ("Caballero de la mano en el pecho" y "El pensador")

2.- VALERIA ("La Gioconda" o "Mona Lisa")
 3.- ENZO ("Valle- Inclán")
 4.- MARIO ("El hijo del hombre")
 5.- HUGO ("Estatua de la libertad")
6.-NOA, ICÍA E ALEIXO. ("La gallina ciega", "Tres monos sabios" y "Las Meninas")


7.- DANIEL. ("Los fusilamientos del 3 de mayo")



    8.- TETÉ ("La joven de la perla")

Imagen relacionada

¡A ver quen nos sorprende con algunha obra de arte máis! Non fai falla gran cousa, algunha prenda de roupa que teñades pola casa, algún sombreiro ou xoias, un pouco de paciencia para buscar a pose máis ou menos parecida á da obra de arte elixida... ¡e ganas de xogar!

6 comentarios:

  1. Q guay todo o traballo e as fotos son xeniais

    ResponderEliminar
  2. Hala qué chulo!! Quedouche moi ben!!👏👏

    ResponderEliminar
  3. Hala qué chulo!! Quedouche moi ben!!👏👏

    ResponderEliminar
  4. ¡¡¡Quedouche xenial!!!
    Agora a buscar máis fotos para facer obras de arte¡¡sobre todo polas risas que nos botamos e o ben que o pasamos!!!
    En proceso o móvil que estamos a facer,jeje

    ResponderEliminar
  5. Grazas polos ánimos, jajajaja! Pensei que eu era a primeira que debería participar na proposta e estaba tardando moito! Non me quedou moi ben porque non tiña fotógrafo a man e fixen un selfie e, claro, costábame imitar a pose e controlar a cámara, así que a inclinación da cabeza fíxena ao contrario, jajaja, aínda así é un sentido homenaxe a Vermeer (ao que adoro) e as "perlas" que levo compreinas no seu museo en Delft onde el naceu e pintou as súas obras. Animo a todas as familias a que participen no xogo porque é divertido e os nenos recordan mellor as obras de arte se as "viviron" dalgún xeio. Grazas a todos por visitar o blog e deixar os vosos comentarios e, por suposto, pola participación na vida de aula.

    ResponderEliminar