UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 14 de enero de 2017

NOVAS DE INFANTIL

    O equipo de infantil inicia un novo proxecto que, esperamos, guste a todas as familias: ¡un periódico!
    Este xornal chamado "Novas de Infantil" terá unha periodicidade trimestral e pretende facer un pequeno resumo das actividades que levamos a cabo no ciclo de infantil durante cada un dos tres trimestres do curso. Esperamos que disfrutedes pasando un par de minutos lendo este xornal relaxadamente e que o gardedes como recordo das experiencias que os vosos fillos e fillas están a vivir no cole. As profes de infantil fixémolo con ilusión, con un interés de permanencia, e con vontade de facer da educación e formación dos máis pequenos unha labor conxunta entre a escola e as familias.
       Cada neno/a levou o seu exemplar pero se queredes velo aquí, no blog, tamén, podedes clicar no logo que aparece a continuación (ou no lateral do blog) e así accededes ao documento en PDF.


   Aproveito esta entrada para mostrarvos unhas fotos das actividades que fixemos o venres na Pementeira. Por unha banda estivemos traballando ca PDI reforzando conceptos de lóxica-matemática e lecto-escritura. E, por outra banda, iniciamos unha nova actividade de arte (pero non vos vou revelar en qué vai consistir; iso verémolo a semana que ven). Con cartulinas de cores, realizamos unhas formas máis ou menos xeométricas, que os pementeiros/as estiveron picando cos punzóns (por certo que o fixeron requetebén). 



















































Agora queda averiguar que faremos con esas figuras xeométricas...


6 comentarios:

  1. ENCANTANOS!!!😊, O blog xa nos ten enganchadisimos, grazas a el tamen xa temos gardados un monton de recordos, a maiores agora un xornal, jolin somos uns privilexiados, MIL GRAZAS😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Enzo xa me dixo hoxe que el non tiña o xornal na casa porque tivera tos o venres. Tiña ganas de levalo! Marchou todo contento con el!

      Eliminar
  2. Gracias de novo por outro regalo en forma de xornal. Menuda sorpresa cando abrin a mochila. Resulta q este era o periódico q estiveran lendo onte. Encantame. Fantástico traballo. Gracias pola vosa dedicación, esforzo e cariño. Porque esta claro q llo poñedes a todo o q facedes

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas grazas !!!
    Grazas por facernos partícipes de todo o que acontece na aula, encantounos o xornal. E grazas pola vosa dedicación e cariño, os nenos van felices para o cole e disfrutan moitísimo aprendendo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todas as familias que recibístedes o xornal con ilusión! Ese tempo que adicades aos nenos/as, lendo xuntos, vendo cousas que fan no cole, disfrutando do que vos contan é moi importante para lograr que gañen confianza en si mesmos, que teñan unha visión positiva do cole e teñan ganas de facer máis cousas e compartilas convosco na casa. Así que grazas a todos/as por participar dese xeito na vida escolar.

    ResponderEliminar
  5. Moitìsimas grazas polo xornal¡¡¡recibimos con moita ilusiòn o xornal!!!! ¿¿que seràn esas figuras xeomètricas??jejeje

    ResponderEliminar