UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 26 de enero de 2017

MÁIS ARTE E MÁIS MÚSICA

   Seguimos traballando no gran mural do GUERNICA en cores, seguimos viaxando polo mundo e seguimos cantando e bailando para encher de ritmo a vida.
    Hoxe a nosa Willy Fog foi Sara Castaño que estaba super-contenta de ser a axudante da profe e pasar lista. ¡Fíxoo xenial!
 Resultado de imagen de willy Fog




    Onte tivemos sorpresa xa que Marcos trouxo unha nova recreación dunha obra de arte. Pero non e dou tempo de sacarlle a foto así que hoxe lle adicamos uns minutiños a falar dela. A verdade é que lle quedou estupendamente. Marcos, coa colaboración da súa irmá Rita, representou "O QUITASOL" de Francisco de Goya.

      Seguimos traballando no mural do Guernica que xa está tomando forma, ou cores mellor dito. Mañán teremos que continuar a ver se entre todos os nenos e nenas de infantil, e as profes, podemos telo listo para o Día da Paz.




















        Como vedes, en infantil non paramos. E como traballamos moito, tamén adicamos un pouco de tempo a cantar e mover os esqueletes ao ritmo da música.




5 comentarios:

  1. Pois si q traballades arreo! E que concentrados con esa réplica do Guernica. Seguro q esta listo para o luns. De verdade q teñen madeira de artistas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Está quedando moi ben. Ao final non está rematado totalmente, queda moi pouquiño así que o luns xa rematamos para poder sacar as fotos do Día da Paz!

      Eliminar
  2. Pero que ben está quedando o mural do Guernica!!! Son tod@s uns artistas!! A recreación moi chula👌, que ben cantan e como moven o esqueleto 😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É unha actividade ben bonita a deste mural! Todo infantil colaborando, nenos/as e mestras. Aprendemos cousas sobre arte e historia, sobre valores como a paz, a cooperación e o esforzo e, encima, deixamos o noso corredor ben decorado!

      Eliminar
  3. A recreación do Quitasol de Goya gustounos moito. E que vos vou dicir da canción "Yo soy un artista", jajajaja, encántalles. Atopeina casualmente e pareceume pegadiza e divertida. En canto llela puxen, xa demostraron o seu entusiasmo. E como sempre vos digo que eu vexo moitas cousas no cole que, claro, vós non podedes disfrutar en directo, coa espontaneidade coa que poden xurdir. Así que con estes vídeos quero mostrar que hai moitísimos momentos divertidos no cole, nos que o grupo de pementeiros/as demostra que son un grupo moi "parrandeiro".

    ResponderEliminar