UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 19 de enero de 2017

DEMOCRACIA

      ¡A Democracia! ¡Nada máis e nada menos! Na Pementeira estamos descubrindo e experimentando que é iso da Democracia. Cada día temos que elixir un conto para ler porque a lectura é o mellor xeito de empezar e rematar o día. Pero escoller un conto a gusto de todos é imposible, e decidir sempre eu a quen se lle cumple o gusto tampouco sería moi xusto. Así que, normalmente, facemos unha votación a man alzada. De esta maneira intento que estes pequenos compendan que todos teñen dereito a expresar o que queren pero que a decisión final será da maioría do grupo. O problema é que lles costa moito entender que si xa votaron por un conto, non poden a continuación votar por outro (en canto eu digo un título -e mesmo antes de que o diga- xa están todos coa man levantada; e cando digo outro título de novo levantan a man co cal é difícil saber que conto gañou realmente).
        Pois ben, hoxe decidín facer unha votación máis rigurosa. A cuestión é que cada pementeiro emita o seu voto persoal unha única vez e que teñamos maneira de poder facer un reconto final, como nunhas eleccións de verdade. E para iso colocamos os contos propostos para ser lidos, nunha mesa e diante de cada un deles un tarriño de cristal. A continuación puxemos un vasiño con grans de millo. 
A continuación cada neno/a podía coller un gran de millo e metelo no tarriño que quixera... Cada un votou o seu conto favorito (con algunhas "presións" porque había por alí un pementeiro ffacendo campaña a viva voz que cada vez que alguén ía votar lle berraba "o do tiburón, o do tiburón" e aínda que lle expliquei que non se podía influir nos votantes, que cada un tiña dereito a votar o que quixera, non había maneira de que contivese ese entusiasmo e seguía ao seu).









E, finalmente fixemos o reconto...

   Como vedes, o gañador foi "o do tiburón". Certamente unha campaña publicitaria ben feita pode levar a un candidato á  victoria!
     O caso é que isto foi moi útil para reflexionar sobre iso da Democracia que, ademáis, viña moi ben ao caso porque Alejandro trouxo un libro precioso sobre Atenas e aproveitei para deixar caer que eses mesmos gregos que costruíron o Partenón, tamén foron os creadores da Democracia.
           Co libro de Alejandro descubrimos que o Partenón cando foi construído, foi pintado de maneira que as figuras das metopas e do frontón parecían moito máis reais e o resultado de todo o conxunto era moito máis chamativo.
        Por outra banda, hoxe pasou lista Sara Castaño (que saiu voluntaria, porque estes pementeiros/as teñen moitas ganas de facer cousas) e como estaba tab contenta e o fixo tan ben pois xa aproveitei para sacarlle unha foto.


    Tamén escoitamos unha canción moi fermosa de Toquinho titulada "Acuarela" (que moitos de vós coñeceredes segurísimo). E bailamos xuntos outra que se titula "Yo soy un artista", que nos pareceu moi divertida.



      E, finalmente como foi un día bastante completo, tivemos tempo para xogar un pouquiño repartidos por recunchos.
 








6 comentarios:

  1. pois si que foi un día completo! Que sorte estes pementeiros e pementeiras que xa poden votar, eu tiven que esperar a cumplir os 18. Ja, ja, ja. Paréceme unha idea fantástica o dos tarriños cos graos de millo , Teté. Creo que así aprenderán a tomar unha decisión e tamén empezarán a familiarizarse con iso da democracia.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, a nos Marcos cántanos unha canción todolos dias pero non vou a desvelar cal é, porque creo que pronto a imos a escoitar. Ja, ja, ja

    ResponderEliminar
  3. Xenial¡¡¡unha idea estupenda o do millo!!! haberà que facelo na casa,asì poderemos escoller un conto por votaciòn,jeje

    ResponderEliminar
  4. Jajaja, o de gañar lévano todos no ADN. Non consigo convencelos de que non estamos competindo todo o día (ser o primeiro na fila, coller un rodillo da plastilina primeiro aínda que nin o usen,ser o primeiro en ir para o seu sitio cando rematamos de pasar lista...)¡Ayyyy! esperemos que ese afán de gañar lles quede para esforzarse moito e ser os primeiros da súa promoción cando vaian á universidade, jajajaja! É certo que teñen certas ideas sobre isto que son difíciles de cambiar, pero bueno seguiremos traballando nisto da democracia a ver se os imos convencendo de que unhas veces conseguimos o que queremos e outras non!

    ResponderEliminar
  5. Unha idea estupenda!!! Enzo mirando o blog xa nos desvelou por quen votou😅, e nos dixo que so falta por contar o conto da galiña roxa😁, tamén lle pasa como a Marcos cántanos todos os días unha canción ben chula e pegadiza jaja,tampouco digo logo nada sobre a letra da canción porque me pasa como Iria, deixachesme intrigada Pili 😅😅


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que a Enzo lle encanta o conto da Galiña Roxa. Sempre o pide. E gústame que exprese os seus gustos con normalidade, porque moitas veces, a estas idades, os nenos/as déixanse levar polo grupo e votan o que votaron os compañeiros; se é moi evidente que a maioría quere unha cousa, os que querían outra cambian de opinión e non manteñen a súa elección inicial. ¡O poder do grupo! Como vedes nas votacións só había dous votos na Galiña Roxa, dous pementeiros/as que se mantiveron firmes, jajaja...

      Eliminar