UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 21 de enero de 2017

AMAPOLAS


    Esta semana estivemos pintando unha obra de arte nova: "AMAPOLAS" de Georgia O´Keefe. A obra orixinal, que nós tratamos de recrear, desta pintora norteamericana é a que aparece a continuación:
Resultado de imagen de amapolas de georgia o'keeffe

Resultado de imagenGeorgia O´Keefe, que ademáis tamén foi mestra de primaria, é mundialmente coñecida polas súas pinturas de flores en gran  formato. Hai que recoñecer que a súa aparente simplicidade compositiva e formal e o seu impactante emprego da cor actúan como un imán para a mirada. ¡Mirade que outras fermosas flores pintou!
Resultado de imagen de Flores georgia o'keeffe Resultado de imagen de Flores georgia o'keeffe

Resultado de imagen de Flores georgia o'keeffe

Resultado de imagen de Flores georgia o'keeffe
    Ben pois agora é o momento de ver como traballaron os pementeiros e pementeiras pintando con calma e concentración as "AMAPOLAS" de Georgia O´Keefe.

























Agora, como somos un equipo, eu tamén lle vou dar unhas pinceladas ao noso novo cadro e colocalo no seu marco correspondente para colgalo no museo de infantil.

Por outra banda, xa está colocado no corredor de infantil o móbil que fixo Marcos na casa. E Óscar trouxo un recorte do pintor Miró, do que xa temos algunhas obras no noso recuncho de arte.




4 comentarios:

  1. En primeiro lugar, gracias de novo por facernos participes de todo.
    En segundo lugar, magnifico traballo destes pementeiros e pementeiras. Outra vez me deixan abraiada
    E en terceiro lugar, acabo de descubrir unha pintora q non coñecia, Georgiana O'Keefe, e q me encanta. Gracias

    ResponderEliminar
  2. Impresionante pementeiros/as, ENCANTAME!!!👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Teño moitas ganas de que deste grupo de pementeiros saia algún artista. Vexo que hai interés e posibilidades, jajajaja. Imos facer un museo en infantil que vos vai deixar coa boca aberta!Grazas a vos por estar sempre tan pendentes do blog e dos traballos destes peques!

    ResponderEliminar
  4. Seguro q ese museo vai a quedar moi bonito. (Marcos está totalmente de acordo, ja ja ja)

    ResponderEliminar