UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 30 de enero de 2017

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

         Hoxe celebramos o Día da Paz e Non Violencia no cole. Foi un día con moitas actividades. Empezamos coas rutinas cotiás coma sempre. Hoxe o Willy Fog do día foi Yeico, que como lle pasaba a Hugo, non lle daba chegado o seu momento.
Resultado de imagen de willy fog colorear





      Pero os pementeiros/as nunca olvidan que estamos traballando o noso proxecto de arte e siguen traendo cousas ben interesantes das súas casas. Eu estou impresionada porque vexo que poñen a traballar a toda a familia.
      Sara Castaño trouxo unha recreación fantástica dun Autorretrato da pintora mexicana Frida Kahlo. ¡Encantoume! E nin que dicir ten que Sara estaba super-orgullosa.

    E como hoxe coñecemos a esta pintora tan orixinal, aproveitamos para ler un conto sobre ela que tiñamos na nosa biblioteca de aula que nos permitiu coñecer algunhas cousas da súa complicada e difícil vida.
     
     Alejandro V.S. truxo un móbil ao estilo da Calder con forma de peixe que gustou moitísimo na aula. Aleixo tamén nos trouxo outro móbil ben bonito e agora xa temos un montón no noso corredor (que está quedando requetebén)



 

Aleixo tamén viña moi contento cunhas pinturas que fixeron na casa ao estilo de Mondrián e Pollock.

     E Marcos fixo a súa particular volta ao mundo en 8 minutos!!!! Quedamos impresionados porque visitou o Coliseo en Roma, a Gran Muralla na China, o Cristo do Corcovado en Brasil e o Taj- Mahal na India! ¡Qué sorte tivo! Xa coñece máis mundo ca min!


     Rematamos xa completamente o noso GUERNICA, estivemos no ximnasio cantando  "We are the world" e "Paz, paz, paz" de Juanes e, despois, saímos ao patio para deixar voar unhas pombas.



























domingo, 29 de enero de 2017

IDEAS PARA O ENTROIDO

      Aínda queda  un mes para o entroido. Pero como o tema deste ano é moi artístico, as profes pensamos que era bo plantexar propostas para os disfraces con tempo suficiente, para poder buscar cousas con calma e facer traxes ou accesorios se alguén quere .
      Evidentemente o tema común para infantil é "A volta ao mundo en obras de arte" así calqueira obra de arte ou calqueira artista é oportuno para tomalo como modelo do noso disfraz.Na nota que levaron os nenos/as para as casas xa aparecían algúns exemplos e internet, por suposto, sempre é un banco de recursos importante. De todos xeitos aquí vos deixo algúns modelos de disfraces que vos poden servir para imitar ou para darvos novas ideas máis orixinais.

                                 Velázquez e as Meninas
 
Frida Kahlo 

                  Un vestido estilo Mondrian ou estilo Miró.

Resultado de imagen de disfraces Miró
Salvador Dalí, Andy Warhol ou Picasso
Resultado de imagen de disfraces picasso
A Estatua da Liberdade
Torre Eiffel
Resultado de imagen de disfraces de torre eiffel
E dentro do mundo da pintura os exemplos son innumerables. Calqueira personaxe pode ser motivo dun bonito disfraz: "O pífano" de Manet, a "Duquesa de Alba" de Goya, o "Arlequín" de Picasso, o "Cabaleiro da man no peito" do Greco...


Resultado de imagen de disfraces de pintores y cuadrosResultado de imagen de disfraces de lata de sopa
En fin, deixade voar a imaxinación. A amplitude do tema permítenos facer cousas moi dierentes así que podemos facer un entroido ben creativo e divertido.