UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 15 de diciembre de 2016

REMATANDO O 1º TRIMESTRE

Estes últimos días, antes das vacacións de Nadal, estamos traballando moito preparando as nosas portadas (para os caderniños de fichas) e as bolsas nas que imos levar os materiais. Non queremos aínda revelar o resultado final pero déix amosvos aqí varias fotos para que vos fagades unha idea de como van quedando as cousas. Nun par de días xa poderedes ver todo na casa. Espero que disfrutedes moito vendo canto se esforzaron estes pementeiros/as no primeiro trimestre. 
Primeiro poderedes ver como están pintando unha portada moi invernal empregando témpera sólida, acuarela e finalmente un pouco de purpurina,







































E agora mirade que ben se manexan pintando as bolsas cun rodillo. ¡Están quedando espectaculares!















 

Aproveito esta entrada para mostrar unha nova aportación que fixo Dani para o noso recuncho de obras de arte. Como estivo de viaxe por Madrid, chegou todo contento cun plano do Museo do Padro onde se atopa "O cabaleiro da man no peito" do Greco. Tamén nos aportou unhas reproducións de outras dúas magníficas pinturas "O xardín das delicias" del Bosco e "Muller, paxaro e estrela" de Miró.

 Resultado de imagen de jardín de las delicioas
 Izán trouxo unha preciosa "Estatua da Liberdade" que é outra das obras favoritas na Pementeira. E Marcos trouxo uns debuxos coloreados por el mesmo do Partenón, a Torre de Pisa e as Pirámides de Giza.

¡Non paramos un minuto! A arte invade a aula "A Pementeira" e a nós tamén nos gusta moito facer de artistas. Xa veredes cando cheguen á casa estes nenos e nenas con todo o que fixeron no cole.


3 comentarios:

  1. Pero que chulas quedaron esas portadas.Que divertido pintar co rodillo!!!, xa estou desexando ver todos os traballos deste trimestre😊😊😊

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Desexando ver todos os traballos que fixeron este trimestre!!!!

    ResponderEliminar
  3. Como traballan estos pequerrechos , da gusto velos

    ResponderEliminar