UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 4 de diciembre de 2016

RECREANDO OBRAS DE ARTE 2

      O venres chegou á Pementeira  unha nova aportación para o noso xogo de recrear obras de arte . Nesta ocasión, Hugo converteuse nada máis e nada menos que na Estatua da Liberdade ("A liberdade guiando ao mundo") de New York. ¡Mirade que ben o fixo! Hai que recoñecer que posou con toda a dignidade e a gran presencia da coñecidísima estatua de Bartholdi. 
 
           Como curiosidade, a estructura de ferro  interna da escultura foi feita por Gustave Eiffel. A estatua foi un regalo dos franceses aos estadounidenses.
        Seguimos recibindo cousiñas para o noso recuncho de obras de arte do mundo: Rafiña trouxo unha imaxe dunha cabaña de madeira de Brasil, e Mracos trouxo unhas fotos moi divertidas da súa familia (incluído el mesmo sendo aínda bebé) caracterizada coma as personaxes da serie de debuxos animados "A volta ao mundo en 80 días" que nós vemos de cando en vez na aula.




            Por outra banda seguimos traballando na pintura  de Vincent van Gogh. Estamos facendo cada día un pouquiño, un cachiño da obra para ir observando os elementos que compoñen o debuxo e as cores que teñen e ir avanzando na distinción de fondo e figura. Tamén imos vendo que ás veces é importante deixar secar unhas cores antes de aplicar outras e traballamos a paciencia e a capacidade de esperar antes de obter un resultado inmediato.











       E para rematar esta entrada, déixovos un par de vídeos: un deles é dun xogo motriz que facemos de vez en cando na aula de psicomotricidade e outro dunha sesión de debuxo libre na aula con música de Strauss.
     Veredes  como, en xeral, é un grupo tremendamente participativo e moi activo, con ganas de falar e de moverse.






2 comentarios:

  1. Cantas cousas! Que guapo Hugo, tal cual a estatua da Liberdade! Que divertido o xogo de psicomotricidade! Como o disfrutan! E cada vez ese recuncho ten que estar mais cheo! Que sorte estes nenos e nenas poderen disfrutar de todas estas cousas coa profe Teté!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estamos disfrutando moito, a verdade. Eu, a primeira. As recreacións de obras de arte son fantásticas. Os pementeiros e pementeiras recoñecen moitas obras das que estamos a falar, sobre todo grazas as cousiñas que van traendo e que enchen o recuncho e estes xogos que fan que entren, literalmente, nas creacións dos artistas máis importantes do mundo. Realmente este primeiro trimestre está sendo moi enriquecedor. Grazas pola vosa colaboración que é fundamental para que este tipo de metodoloxía funcione!!!!!

      Eliminar