UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 1 de diciembre de 2016

MÁIS APORTACIÓNS PARA O PROXECTO

     Seguimos recibindo aportacións variadas para o noso recuncho do proxecto "A volta ao mundo en obras de arte". A verdade é que xa tiven que ampliar o espazo adicado a este tema porque se quedaba pequeno. Agora estou intentando organizar ben todo o material para que poidamos ir observando os obxectos e as fotografías e, consecuentemente, vaiamos aprendendo moitas cousas.
       Hoxe chegaron cousas moi interesantes:
    Marcos trouxo dúas maquetas chulísimas da Catedral de San Basilio que está en Moscú e do Taj-Mahal (que é o nome dun dos equipos da aula)

      Gabriel trouxo un CD cunha selección de obras musicais, por exemplo algúns valses moi coñecidos.
          Sara Castaño trouxo dúas imaxes do Cristo do Corcovado en Río de Xaneiro.
       Alejandro Vázquez Rodríguez chegou emocionado cun calendario maya, unhas reproduccións dus cadros de Mondrian e Pollock e unha revista con moitas fotos de monumentos de Galicia como a Catedral de Santiago.






    Por outro lado seguimos traballando con obras de arte: observándoas, reflexionando sobre elas, imaxinando o que lles ocurre ás personaxes representadas... Esta semana estivemos pintando o "Home triste", como nós lle chamamos, de Vincent van Gogh.

















Estamos pintando despaciño, concentrados, procurando que o resultado sexa moi parecido ao que logrou Van Gogh. Así imos comprendendo que os pintores teñen que ter bo pulso e capacidade de "meterse" no seu traballo con todo o seu espíritu e, ademáis, cando vemos os resultados sentímonos tan importantes coma os artistas que estamos coñecendo grazas a este proxecto.¡É xenial comprobar que cando nos esforzamos somos felices! ¡O traballo ben feito é un premio! Xa vos mostraremos o resultado final.





3 comentarios:

  1. Que ben pintan!! Estan feitos uns artistas 😊, Enzo dixome que estivera pintando os zapatos de un señor que estaba triste, o preguntarlle porque dixome porque non tiña familia nin chaqueta 😅

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É que estivemos falando sobre qué podería ser o que lle pasara a este home para estar tan triste e saíron moitas ideas. Estamos intentando reflexionar sobre as obras de arte, as cores que teñen, se nos gustan ou non, pero tamén sobre o seu significado e o que nos queren transmitir. E con 3 anos, eles xa aportan as súas explicacións. É xenial!

      Eliminar
  2. Impresionante o concentrados que están pintando e qué ben o fan todos. Noraboa pementeiros e pementeiras! Seguide así.

    ResponderEliminar