UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 14 de noviembre de 2016

O DRAGÓN VERMELLO

Resultado de imagen de cuento el dragón rojoA semana pasada lemos un conto moi bonito sobre un dragón vermello que botaba lume pola boca. O conto mantivo o interese e a atención de todos os pementeiros e levounos a reflexionar sobre cuestións moi interesantes. Por exemplo a importancia de ser libres, xa que todos estivemos de acordo en que non nos gustaría que nos meteran nunha gaiola e non nos deixaran saír. E, tamén, sobre o feito de que certas capacidades que  parecen un problema, poden ser útiles se sabemos empregalas ben.
Resultado de imagen de el dragon rojo cuento infantilResultado de imagen de cuento el dragón rojo
                     
Os pementeiros e pementeiras tiñan ganas de pintar o dragón con pincel, así que hoxe tivemos oportunidade de facelo.
Como vedes, pintar e escoitar música relaxa moito e fainos sentir ben.
O venres visitamos a biblioteca grande do cole por segunda vez e lemos o conto "A tartaruga que quería durmir"
Resultado de imagen de a tartaruga que quería durmir
A historia gustounos moito pero aos pementeiros/as costoulles un pouquiño entender que os agasallos non teñen que ser sempre cousas materiais, así que adicamos un pouquño de tempo a explicar que o agasallo do león, que consistía en controlar que ninguén fixera ruído para que a tartaruga poidera durmir, era tan importante para ela como o pucho, a torta de pera ou a manta que lle ragalaron outros amigos.
¡Sempre nos gusta visitar a biblioteca e escoitar contos!
Se queredes escoitar na casa o conto da tartaruga, clicade no debuxo...
Resultado de imagen de tortuga  gif dibujo animado


2 comentarios:

  1. Por eso esta mañá Enzo decía cos brazos abertos ( Soy libre ) jajaj. Que concentrados estan pintando o Dragón rojo ☺

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja, pois sería por iso, porque falamos de que a nós tampouco nos gustaba nada que nos tiveran encerrados coma ao dragón. Espero que se siga sentindo así de libre, que non é cousa fácil...jajajaja!

      Eliminar