UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 8 de noviembre de 2016

GÚSTANOS MOITO A POESÍA

Este grupo de pementeiros/as ten moitas ganas de aprender cousas novas e disfruta moito, moito coas cancións e os poemas. Hoxe fixemos unha gravación para que, na casa, poidades recitar tamén dous poemiñas que lemos no cole e que nos gustan un montón. Un deles titúlase "Había en una granja" e o outro "O pirata Piratón".

Coa poesía aprendemos moitas cousas, por exemplo adquirimos moito vocabulario (co pirata Piratón aprendemos que é un bergantín ou que é a popa dun barco) e avanzamos na nosa expresión oral, asimilamos de xeito natural o que é a rima e o ritmo, sentimos a beleza das palabras e o seu poder de transmitir emocións, desenvolvemos a nosa imaxinación, viaxamos a lugares remotos ou a mundos fantásticos, vivenciamos gran variedade de sentementos, achegámonos a diferentes conceptos(dependendo da temática do poema) ... Se vos interesa ler un sinxelo articuliño sobre a importancia de ler poesías nas aulas e nas familias, podedes clicar no seguinte enlace:


Por outra banda seguimos traballando a psicomotricidade fina e a grafomotricidade, que nos van permitir maior precisión e rapidez en moitas tarefas cotiáns como vestirnos, comer, xogar e, tamén, máis adiante, escribir con soltura. Modelamos setas con plastilina, fixemos o trazo do número 1 (que saiu realmente ben) e non nos olvidamos de ter momentos para xogar xuntos.

































4 comentarios:

  1. Si que se lles ve que lles gusta moito a poesia, a preferida de Enzo debe de ser " El pirata piratón" xa que anda a recitala por toda a casa 😅

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois eu máis que feliz porque a escribín eu, jajajaja. Failles moita gracia e traballan a pronunciación e o vocabulario!!!. A Enzo gústalle a poesía e as cancións, sempre pon moitas ganas nese tipo de actividades. Ojalá toda a vida lle guste a música e a literatura en xeral!!! Grazas por visitar o blog e deixar o teu comentario!!!!

      Eliminar
  2. Olé por es@s pementeir@s !!!!
    Qué ben fan o número 1, son todos uns artistas.
    E teño que recoñecer que escribes moi ben poesía, pois a Alex tamén lle gusta a do pirata Piratón, ja,ja,ja.
    Bicos a todos @s pementeir@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Están feitos uns campeóns! Como vedes están traballando moi ben e seguro que en pouco tempo fan as cousas con menos esforzo, con máis soltura, porque están poñendo as bases que é sempre o máis complicado. Valorádelle moito estes primeiros pasos. E grazas por eses piropos, jajaja. É moi divertido escribir cousiñas así para eles. Disfrutamos todos xuntos!!!

      Eliminar