UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 21 de noviembre de 2016

CREAMOS O RECUNCHO DAS OBRAS DE ARTE

Hoxe chegaron xa as primeiras obras de arte para o noso recuncho do proxecto "A volta ao mundo en obras de arte".

Sara García trouxo un libro moi interesante titulado "Coco da la vuelta al mundo" no que descubrimos varios monumentos que xa son coñecidos para nos, como a Torre Eiffel por exemplo.

Marcos trouxo unha reproducción das "Meninas" de Velázquez, un libro moi completo sobre esa pintura, unhas "meninas" de cerámica pequeniñas, outro libro moi chulo titulado "Valentina en París", unha Torre Eiffel en miniatura e unha Pirámide de cartón. ¡Chegou cargadiño!




Noa trouxo varias reproduccións de obras de Joan Miró e unha de Kandinsky, todas elas cheas de cores. Tamén nos mostrou un souvenir de Roma, unha bola de cristal con monumentos da cidade como o Coliseo, a Fontana de Trevi, ou a Basílica de San Pedro. O curioso é que cando lle das a volta parece que neva sobre a "cidade eterna".



E así vai collendo forma e estilo o noso artístico recuncho...




 Estivemos vendo todo con moita atención pero tivemos que deixalo para ir escoitar un conto moi divertido que falaba de bicos: bicos de oso, bicos de ledicia, de bolboreta etc.









 Despois do conto había que buscar "bicos" (que estaban en cachiños de papel) pola aula. Cando os pementeiros os atoparon todos, colocáronos nunha cartulina grande.











E, por último, mentres estabamos tomando a merenda estivemos vendo "A volta ao mundo en 80 días" con Willy Fogg, uns debuxos animados baseados na famosa obra de Julio Verne . Con Willy Fogg e Rigodón (os alter ego de Phileas Fogg e Passepartout) arrancamos en Londres e iniciamos unha viaxe moi interesante na que xa sabemos que imos ver moitas obras de arte, algunhas que xa coñecemos e outras que pronto recoñeceremos e disfrutaremos, por suposto.




2 comentarios:

  1. Q día tan completo! Q bien o van pasar cos debuxos da volta ao mundo. E que recordos me trae a min. Fai 2 anos disfrazamonos das personajes: Marcos era Tico, pablo rigodón, Rita era Romy e adiviñades quien era willy fog? Ja ja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a ver este ano que se che ocurre!Espero que disfrutemos moito con este proxecto. Eu xa estou feliz co que están aprendendo e aínda acabamos de empezar!!!!

      Eliminar