UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 23 de noviembre de 2016

ACTION PAINTING: PINTANDO COMA POLLOCK

Hoxe, a pesar das "baixas", foi un día fantástico na Pementeira. Xa estamos inmersos no proxecto "A volta ao mundo en obras de arte" e estamos enchendo o nosos recuncho.
Enzo trouxo un montón de cousas: dúas fotos dos seus pais en México (así descubrimos que alí tamén hai pirámides, pero son escalonadas, non como as de Giza), unha boneca e un sombreiro do mesmo país, outras fotos de Roma (da Fontana de Trevi, o Coliseo e o Panteón de Agripa -aquí houbo unha pequena confusión porque Enzo pensaba que era o Parthenon pero non, é outro edificio diferente que tamén ten columnas diante pero é posterior á construcción grega) e un pequeno Pinocho que se colocou no seu ombro para sacar a foto ( a ver se o atopades).
Alejandro Vázquez Seco trouxo unha pequena Torre Eiffel ¡de cor rosaaaaa! e Daniel unha mostra dos xeroglíficos exipcios e unha imaxe da máscara de Tutankhamon.

Mario trouxo unha Torre Eiffel de peluche e un conto dos Bolechas que viaxan por Padrón. Adan unha libreta co Big Ben de Londres e un cadro moi chulo de New York no que aparece en primeiro plano a Estatua da Liberdade que ten moito éxito na Pementeira.

Icía trouxo un montón de cousas: unhas fotos da Alhambra de Granada (nunha aparece ela de bebé), unhas pinturas rupestres que case parecen auténticas (o artista que as fixo creo que non vive nunha caverna pero foi quen de facer unha reproducción ben realista), dúas máscaras: unha de Bali e outra de México e dúas fotos que tamén se corresponden con eses lugares (unha pirámide escalonada de México e un templo de Bali).
Óscar trouxo un libro de Londres, un Pinocho e unha máscara de Venecia.






 Así está quedando o noso recuncho de obras de arte do mundo...
 

Despois de tanta obra de arte, decidimos facer nós a nosa propia. O outro día descubrimos a pintura de Jackson Pollock e chamounos bastante a atención. A algúns pementeiros non lles gustou e a outros sí, e todos estiveron de acordo en que parecían borróns. Éstas son algunhas obras de Pollock:

Resultado de imagen de pollock pinturas

  

 Resultado de imagen de pollock pinturas


 Resultado de imagen de pollock pinturas

Despois de ver un vídeo sobre a técnica pictórica de Pollock, os pementeiros e pementeiras entraron en acción. ¡E o resultado foi espectacular! ¡Imos facer no cole un museo con obras de arte rixinais, creativas e belísmas! ¡Xa veredes!





























 


3 comentarios:

  1. Que ilusionados estan,encantanme o cadro,👏👏👏pementeiros!!!

    ResponderEliminar
  2. Garantízovos que quedou xenial. En vivo en directo é máis bonito que nas fotos. Cando acabemos este proxecto, non sei se o traerei para a miña casa. E hoxe pintaron outro superbonito tamén. Estade atentos ao blog porque hai novedades continuamente. Grazas Lidia e Iria por visitar o blog e deixar o voso comentario.Espero que sigamos mantendo estas ganas de aprender e de facer cousas diferentes e interesantes durante moito, moito tempo.

    ResponderEliminar
  3. A min pasame o mesmo que a Iria, o blog tenme enganchadisima 😅

    ResponderEliminar