UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 18 de noviembre de 2016

A TARTARUGA MANUELITA. ¡INICIAMOS O PROXECTO!


Esta semana tivemos moitas novedades na Pementeira. Coñecemos a unha nova amiga: ¡a tartaruga Manuelita!

MANUELITA é unha tartaruga moi viaxeira. Un día escoitamos a súa canción no cole e descubrimos que viaxou a París...
E, despois, resulta que Manuelita apareceu de visita na Pementeira. Mirade que agarimosa é que nos encheu de bicos.















Contounos que lle gusta moito, moito viaxar e que se nos queríamos poderíamos viaxar con ela por todo o mundo descubrindo obras de arte fantásticas en lugares tan impresionantes como París, a onde ela viaxou. Así que decidimos ver a súa película e gustounos moitísimo porque vimos a Torre Eiffel, o Arco de Triunfo, O Sagrado Corazón, Notre Dame... ata vimos a Habitación de Vincent Van Gogh, o Pensador de Rodín, o pintor Toulousse Lautrec... En fin, nesta peli saen moitísmas cousas interesantes.













E así, grazas á nosa amiga Manuelita decidimos iniciar o noso proxecto deste curso escolar:
"A volta ao mundo en obras de arte"
E xa temos o panel para pasar lista todos os días cuns pementeiros que, como Manuelita, queren dar viaxar en globo e dar a volta ao mundo disfrutando da arte todo o que poidamos.




E, por iso, os pementeiros e pementeiras levaron hoxe para casa unha carta na que explicamos en qué vai consistir o noso proxecto . ¡A ver se as familias se animan a participar e facer desta viaxe unha aventura insuperable!
Espero que vos guste esta proposta e moitas grazas de antemán.




5 comentarios:

  1. Pois claro que nos gusta. Moi inresante! Estamos preparándonos para percorrer miles e miles de kilómetros. Conta con nós para esta viaxe!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a ver o que nos dá tempo a coñecer, porque o mundo da arte é inmenso. Como Phileas Fogg teremos que organizar ben a viaxe porque o tempo é un pouco xusto (aínda que teremos algo máis de 80 días, espero).

      Eliminar
  2. Sei que é moi difícil elexir unha! Eu, de feito, non podería, jajajaa. Pero ver que lle dades voltas ao tema xa me parece xenial! Non pasa nada se escolledes dúas!

    ResponderEliminar
  3. Por suposto que nos gusta!!! Encantanos!!!,durante a tarde estivemos xuntando cousiñas...estamos todos ilusionados emprender esta viaxe😃

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Qué alegría! Hoxe xa chegaron as primeiras cousiñas para o noso recuncho de obras de arte de todo o mundo. A ver que máis sorpresas van chegando estes días. Grazas por ese entusiasmo e ganas de participar!

      Eliminar