UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 21 de octubre de 2016

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe fixemos unha visita á biblioteca do cole para contar alí un conto que nos fixo reflexionar moito.
Aquí están todos os pementeiros/as ben atentos esperando que a profe empece a contar unha historia interesante.

E aquí está o libro protagonista do día de hoxe: "Felix, el coleccionista de miedos"
Resultado de imagen de felix el coleccionista de miedos
Felix é un neno que ten moitos, moitos medos e decide coleccionalos e metelos nun baúl. Algúns ds seus temores eran estes:
Así nós tamén estivemos expoñendo cales eran os nosos medos.






E despois de falar dos medos, decidimos que podía ser moi divertido poñer cara de moito, moito, moito medo, dun medo atroz e terrorífico e teño que felicitar aos pementeiros/as porque todos/as se animaron a intentalo. Con estas caras de susto faremos un xogo. Xa vos contaremos. Agora disfrutade destas expresións cargadas de medo e fixádevos ben porque hai algúns pementeiros/as que teñen madeira de actores de verdade. ¡Foi moi divertido!
Resultado de imagen de gifs de halloween





















Resultado de imagen de gifs de halloween      Resultado de imagen de gifs animados brujas
Despois do conto atravesamos a tenebrosa porta da biblioteca para volver á nosa aula e seguir coas nosas rutinas do día.
Resultado de imagen de gifs animados arañas


A decoración dos espazos de infantil vai vento en popa. As cabaciñas que pintaron os pementeiros/as xa están colocadas e lucen así de ben no noso corredor.






2 comentarios:

  1. A visita a biblioteca foi un exito, polo menos para marcos que saiu do cole falando da visita e dos medos. A min si que me meten medo esas "caras de medo"!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se podemos ir contar o conto alí con máis frecuencia. E a ver se teño tempo de preparar ese xogo dos medos prontiño!!!!

      Eliminar