UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 7 de octubre de 2016

TRABALLANDO COA PDI

Estes días estivemos traballando a grafomotricidade coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva). Concretamente estivemos practicando o trazo do número 1.











 









 





Despois de practicar o trazo, traballamos o equilibrio camiñando por un número 1 que a profe pintou no chan.






   Por outra banda, hoxe percibimos un pequeno cambio no millo que puxemos na auga... A ver se vós notades algo tamén.


  Os pementeiros/as notaron que están brotando unhas folliñas pequeniñas. Estamos todos emocionados esperando a ver se eses pequenos brotes medran máis. ¡A ver que pasa o luns!

 Na hora do conto disfrutamos moito cun libro que nos trouxo Enzo. E que é unha nova historia do noso amigo o polo Pepe, e para nos, Pepe é moi especial. Encántanos leer cousas da súa vida. Nesta ocasión estivemos moi atentos, sen perder detalle de como Pepe se esforzaba en aprender a voar.

 E, para rematar, tamén queremos contar a todas as familias que estamos poñendo a nosa aula moi bonita cun ambiente de auténtico outono, xa que estamos colgando as nosas follas pintadas como se estiveran a caer dunha árbore. ¡Mirade que ben están quedando!



Resultado de imagen de gifs animados otoño


No hay comentarios:

Publicar un comentario