UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 18 de octubre de 2016

SEGUIMOS PREPARANDO O SAMAÍN

Aínda faltan uns días pero nós non paramos de traballar. Despois de pintar as cabaciñas, agora estamos preparando outra cousa. Podedes mirar as fotos e tratar de averiguar o que estamos a facer, aínda que xa sei que algúns paxariños xa piaron ( e contaron todo, jajajaja).








E agora mirade que agasallo nos trouxo Enzo para o noso recunchiño de outono e do Samaín. Estaba todo contento!!!
 E temos máis novas, o noso millo está medrando sen parar. Se seguimos así teremos que organizar a recolleita e facer como a galiña roxa: levar o millo ao muíño para facer fariña e, despois, facer o pan ou unha empanada.






E, para rematar esta entrada, aquí vos deixo un vídeo de hoxe mesmo. A canción xa a coñecedes. No cole bailamos e cantamos todos os días e,claro, repetimos as "actuacións" con frecuencia. Veredes que a implicación na actividade é plena. Agora teremos que traballar a sincronización do grupo, que aínda falla un pouquichiño!






3 comentarios:

  1. Da gusto velos tan contentos, a Enzo non lle chegaba a hora de ir o cole para levar as cabazas para Teté e os seus amigos, non me canso de mirar o blog.Moitisimas grazas por todo o traballo que estás facendo. (cando hoxe vemos a cara de Enzo enfadada porque quere ir a casa de Teté...🙆, xa no lo di todo. Moitas grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Dixéronmo no cole, que queren ir á miña casa. Supoño que queren coñecer a Musa e a Troya, jajaja!Como vedes Enzo está feito un bailarín, e canta a canción con todas as ganas, non se escoita porque a cámara está bastante lonxe pero cantaba e bailaba con todas as ganas.Grazas a vos por visitar o blog e comprender tanto o noso traballo!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar