UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 4 de octubre de 2016

MILLO

Hoxe foi un día estupendo na Pementeira. Moitos nenos e nenas puxeron o seu mandilón sen a miña axuda e outros poucos precisaron moi , moi pouquiña. Así que temos que felicitar a estes pementeiros/as porque están avanzaando moi rápido. Asemade o resto do día foi moi ben. Parece que imos integrando as rutinas de aula e, unha vez, que se automatizan certas tarefas queda máis tempo para facer outras cousas máis divertidas e interesantes.
Así que hoxe estivemos vendo e tocando unhas espigas de millo que trouxera Marcos fai uns días.









Despois estivemos vendo como se poden sacar os granciños de millo da espiga e empezamos un experimento: colocamos unha das mazorcas de millo nunha cubeta con auga (a ver que pasa nos próximos días) e, por outra banda, sementamos uns grans de millo nun bote con terra que recollemos fóra. 













¡A ver se levamos algunha sorpresa nos vindeiros días! ¿que pasará?
E para rematar esta entrada aquí vos deixo as fotos de Dani e Icía que fixeron a A coa plastilina e estaban todos contentos.


1 comentario:

  1. Primeiro,felicitar a todos os pementeiros e pementeiras polos seus avances. Tamen a Dani e a Icía por as súas letras A en plastilina.
    E a ver que pasa co millo.... Agardamos impacientes a ver que poderá suceder ahí...
    Ja, ja, ja

    ResponderEliminar