UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN INFANTIL 2016

Aquí estamos xa. ¡Por fin chegou o día monstruoso e terrorífico no que celebramos xuntos o Samaín! Teño que decir que me encantou ver aos pementeiros/as tan ben disfrazados, tan alegres, tan dispostos a facer teatro, a poñer caras de susto, a cantar e bailar... ¡Grazas familias pola vosa implicación e colaboración!
Así que agora toca disfrutar un pouco coas fotos desta xornada...











Algúns/as ata se animaron a mostrar a súa cara nun primeiro plano aterrador. Neste grupo penso que hai grandes actores. ¿Non pensades o mesmo?



















 A comida que trouxeron os pementeiros/as deixounos a todos coa boca aberta (polo vistosa e apetitosa que parecía e polas ganas de comela). Preparamos todo nunhas mesas na aula de psico e despois de cantar e bailar un pouco xa fomos disfrutar dun festín terrorífico.








































Tras o banquete, había que mover un pouco eses corpos (algúns pementeiros pensei que ían estoupar de tanto como comeron) porque, despois, aínda había que probar as castañas. Así que saímos ao patio a xogar un pouco.










E para comer as castañas saímos cos nosos arañacestos. A verdade é que as  castañas non tiveron tabto éxito como a merendola de infantil. moitos nenos/as non quixeron comelas (algún nin as probou).





























E xa por último, os pementeiros/as particparon nos distintos xogos organizados no patio cuberto.




























E, para rematar, déixovos aquí unha montaxe en movie-maker cos mellores momentos da nosa xornada de Samaín Monstruoso no cole. ¡Foi un día xenial!

Bruja