UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 22 de septiembre de 2016

¡TODOS XUNTOS!

Hoxe foi o primeiro día no que estivemos todos xuntos na "Pementeira". Foi un día con certas complicacións pero, tamén, con cousas divertidas.
O primeiro reto do día foi a rutina da entrada. Colocar as libretas e as merendas no seu sitio e, a continuación, colgar as chaquetas e as mochilas no percheiro. Como  era o primeiro día que traían a merenda, costou un pouquiño comprender que había que deixala na cesta para tomala antes do recreo. Despois había que poñer o mandilón e, tamén, costou un pouquiño de traballo. Pero teño que dicir que algúns nenos/as se esforzaron moito e conseguiron superar ese reto; outros, pola contra, soltaron algunha bágoa ou protestaron un pouquiño porque non tiñan moitas ganas de pasar traballos e prefería que eu fixera todo. 
Así que, mamás e papás, intentande que os vosos/as fillos/as vaian practicando un pouquiño na casa iso de poñer algunha prenda de roupa eles solos.
A canción de saúdo e o conto foi un momento agradable. Gústalles cantar e, mesmo, piden que lle poña a canción de "hola, ola" máis veces. Todos escoitaron o conto con bastante atención e aproveitamos para aprender algunhas cousiñas sobre o outono.
A hora da merenda funcionou bastante ben. Parece que tiñan fame e foron comendo sen problemas. De novo, costou comprender que temos que respetar os turnos para gardar o tupper, ir ao baño ou beber auga, porque somos moitos na aula e non podemos estar todos á vez no cuarto de baño ou no percheiro. Esperar turnos é complicado pero temos que seguir intentándoo.Todos queren ser os primeiros, todos queren facer pis ao mesmo tempo e beber á vez e non pode ser.
 Aproveito para recordarvos que, por favor, mandedes as merendas nun tupper ou bolsiña co nome dos nenos/as senón despois non sabemos de quen son (aparecen yogures ou galletas soltas e ou son de todos, ou non son de ninguén).





A continuación tiveron unha pequena sesión de psico para coñecer á profe que imparte esta clase e, despois, saíron todos ao patio a disfrutar coa area e os columpios.
Tras o recreo, quixemos probar un biscoito de castañas que trouxo Marcos para ccompartir cos compañeiros/as.






A hora da saída volveu ser un pouco complicada porque había que quitar os mandilóns e poñelos no percheiro, gardar as libretas na mochila e poñer as chaquetas antes de facer a fila. De novo xurdiron algunhas bágoas, e algúns caprichos pero teremos que ir automatizando estas rutinas pouco a pouco e seguro que, en pouco tempo, conseguimos facer todo isto con menos esforzo e con máis tranquilidade.
Sei que moitas destas cousas vos parecen complicadas aos papás e mamás pero, por suposto, non se lles pide que fagan todo solos dun día para outro, estou procurando que eles intenten facelo,  e vou vendo quen é máis ou menos autónomo, quen se frustra no primeiro intento ou quen "loita" por superar novos retos. 
Temos moito tempo por diante así que, entre todos, imos intentar que vaian dando pequenos pasos cada día.
Mañán teremos unha nova xornada na Pementeira  e, seguro, que xa notamos avances.
Resultado de imagen de gifs animados niños en el cole


3 comentarios:

  1. Todo cambio supón un reto e require o seu esforzo. Pero estou segura de que pronto estarán todos totalmente adaptados e saberán o que teñen que facer nada mais chegar, o que ven a continuación, en que momento teñen que merendar etc. Intentamos reforzar esas ideas na casa.
    Por certo, creo que o biscoito tivo moi boa acollida e que lles gustou bastante a maioria. Non sabedes o que nos alegra iso. Fixemolo porque era o primeiro día do outono e as castañas son algo típico do outono. Fomos apañalas (non sin incidentes, por Marcos esvarou e caeu encima dun ourizo o que supuxo ter que sacar as espiñas das cachas, pero iso non o botou para atrás), limpamolas, cocemolas e despois fixemos o biscoito. Levou bastante por se aparecía o Gato Pelado non fora que os papara a todos dun bocado. Ja, ja, ja.
    Vou ter que facer un blog tamén o colgar a receita. Ja, ja, ja. Alegrome de verdade que lles gustase.
    Un biquiño a tod@s.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, Bueno Pili ....
    Eso non se fai nós tamén queremos biscoito, ou polo menos tes que pasar a receita, porque parece que a est@s pementeir@s lle gustou moito.

    ResponderEliminar
  3. Sabes Rosana que non hai problema. Cando queirades, biscoito e café. So fai falta poñer o día. Ja ja ja.

    ResponderEliminar