UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 27 de septiembre de 2016

¡DOUS CUMPLES!

Onte e hoxe tivemos celebración de aniversarios na Pementeira. Os primeiros en cumplir anos foron a pequepementeira Sara Castaño e o pequepementeiro Anrís. Estaban moi contentos sendo os protagonistas do día e coa súa coroa de raíña e de rei respectivamente.
Como é habitual na nosa aula o primeiro que hai que facer é apagar as candeas, cantar a canción de cumpleanos feliz, sacar a foto coa coroa e ¡coooooomeeeer! Penso que o último de todo é o que máis lles gusta. ¡Non hai máis que ver con que ansia comeron o biscoito e as galletas que trouxeron Sara e Anrís para compartir cos amiguetes.




Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños


















Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños


























 
Como podedes ver as festas gustan moito na Pementeira. Agradecémoslles a Sara Castaño e a Anrís o biscoito, as galletas e os aspitos que compartiron con todos os seus compis.
¡FELIZ CUMPLE SARA E ANRIS!



6 comentarios:

  1. Felicidades Sara Castaña e Anris. E gracias polas galletas, os biscoitos e os aspitos, que, como veñen 3 en cada bolsa, tocou repartir cos irmáns.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois tiveron sorte os irmáns,Pablo e Rita, porque Marcos non quixo comelos no cole. A maioría dos nenos/as comeron as galletas e os aspitos e,claro,non había sitio xa para a merenda.

      Eliminar
  2. Feliz Cumple Sara e Anris!!!! Agora entendo porque Enzo non tomou a merenda e me decía que non pasaba nada que tomou moitisimas Galletas :))

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro, como vos dixen na reunión, procuro celebrar os cumples na hora da merenda porque senón pasamos o día comendo e, despois, non comerían no comedor. Os nenos de 3 anos non sempre son capaces de contar todo o que fixemos na aula. Aínda que pensamos que os cumples son importantes para eles, como vedes, hai moitos nenos que chegan á casa e nin se acordan de que houbo unha celebración. Por eso o blog axuda moito a canalizar as conversacións que tedes na casa sobre o cole. Vendo as imaxes e os vídeos podedes facer preguntas moito máis concretas para que eles sexan capaces de centrarse en certas cousas e vos conten máis detalles. Espero que, pouco a pouco, vos vaian explicando máis actividades do cole. Aínda estamos empezando. Grazas Lidia por visitar o blog e deixar un comentario.

      Eliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar