UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 10 de junio de 2016

DRAMAS Y COMEDIAS

¡Estamos na recta final do curso! E iso implica sesións de ensaio e preparación de accesorios para a  actuación estelar que temos programada para o festival. 
Este será un festival moito máis significativo xa que vai ser, tamén, unha despedida de infantil. Os pementeiros/as iniciarán en setembro unha nova etapa educativa en primaria. Por iso eu teño moita ilusión posta no noso último baile xuntos, e desexo que sexa unha actuación alegre, chea de enerxía positiva e de ritmo no que se reflexe que somos un equipo e sabemos poñer o mellor de nos cando queremos.
Hoxe, nas libretas de comunicacións, foi esta notiña:
Como vedes, e xa sabedes que é habitual en infantil, as camisetas serán todas iguais e levarán unha estampación alusiva á canción que imos bailar. Polo tanto haberá que completar o "look" cuns leggins divertidos, tutús de cores, pantalóns de cores ácidos, luvas, zapatillas con cordóns chamativos... o que se vos ocurra para encher de cor e de luz o escenario, para representar unha comedia...

Se lle botades un ollo ao videoclip de Fangoria, seguro que vos da algunha idea. O que si vos pediría é que, nesta ocasión os nenos/as non trouxeran pelucas porque imos levar outro accesorio que eles están preparando na aula que pode ser incómodo coa peluca ( o que sí pode facerse, se vos parece axeitado, é pintar o pelo).

Seguro que veñen espectaculares. Despois do guapísimos que viñeron no Entroido, agora non podedes baixar o listón para o remate do curso.

2 comentarios:

  1. vaia nerviosss xa se achega o festival!!! seguro que todos os pementeiros e pementeiras veñen guapísim@s ese día!! estou desexando velos!!
    pero tamén estou un pouquiño triste (e agora escribo como mami) porque remata unha etapa, a máis bonita,.. e pasou tan rápido que me parece mentira que Noa vaia xa para primaria. Este festival será moi especial para min sen dúbida!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É un festival moi importante! Hoxe estiven falando con todos os pementeiros explicándolles que me gustaría que disfrutáramos moito deste último baile xuntos e que tiña moita ilusión en que o fixeran moi, moi ben para que todas as familias que van vir velos se sintan moi orgullosas de todos eles. Grazas Ana por visitarnos e por deixar o teu comentario.

      Eliminar